Por E.P. | A CORUÑA | 18/12/2020 | Actualizada ás 18:47
A sanidade pública galega logrou 10 premios 'Best in Class 2020' (BIC), uns galardóns que recoñecen a excelencia na atención primaria e hospitalaria, e que convocan cada ano a publicación Gaceta Médica e a Cátedra de Innovación e Xestión Sanitaria da Universidad Rey Juan Carlos.
Na edición deste ano, foron recoñecidos o centro de atención primaria da Estrada (Pontevedra); os servizos de Cardioloxía, Neuroloxía e Unidade de Enfermidades Infecciosas de Pediatría do CHUS; e o servizo de Patoloxía Dixestiva do CHOP.
Así mesmo, tamén foron premiados o Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, na categoría de Centro de Alta Capacidade; e os servizos de Microbioloxía, Reumatoloxía, Nefrolxgía, e a Unidade de Coidados Paliativos, tamén do CHUAC.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.