Así é o Nadal da pandemia: de dar xoguetes a repartir máscaras hixiénicas

Cruz Vermella e Viaqua veñen de repartir 12.000 máscaras hixiénicas entre a rapazada de 12.000 concellos galegos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/12/2020 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Pouca dúbida queda xa de que o impacto da pandemia no día a día desde 2020 foi practicamente absoluto. Dende o distanciamento social ao emprego de máscara, a meirande parte das máis cotiás rutinas tiveron que ser repensadas para asimilar esta nova realidade sanitaria. Esta mesma dinámica é que a se ven apreciando neste Nadal atípico, no que mesmo as tradicionais entregas de xoguetes se ven perfiladas pola sombra da pandemia.

Máscaras hixiénicas. Jesús Hellín - Europa Press
Máscaras hixiénicas. Jesús Hellín - Europa Press

Canto menos, así aconteceu coa entrega solidaria de xoguetes que Viaqua e Cruz Vermella veñen de desenvolver nos municipios de Betanzos, Sada e Viveiro. Baixo a premisa de que “todos os nenos e nenas poidan gozar do dereito ao xogo”, as plataformas nomeadas veñen de desenvolver unha entrega de xoguetes aos máis pequenos que, este ano, recibiron tamén un obsequio quizais menos desexado pero incluso máis importante: máscaras.

Así é que os preto de 200 xoguetes “inclusivos, non sexistas e colaborativos” entregados á rapazada galega viñeron acompañados de “máis de 12.000 máscaras cirúrxicas infantís”. Viaqua subliña que destacou así ou seu compromiso co “benestar social” e a “protección da poboación galega”. As máscaras nomeadas foron repartidas moito máis alá de Betanzos, Sada e Viveiro, xa que chegaron a un total de 17 municipios da Coruña e Lugo, segundo os organizadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta