Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/01/2021 | Actualizada ás 21:40
O caos vivido na noite do mércores no Capitolio estadounidense trala irrupción de seguidores de Donald Trump segue marcando parte da axenda informativa galega. Tralas reaccións dos líderes políticos chega a queda dos tuiteiros, que non aforraron retranca para darlle a volta a un acontecemento cuxa relevancia histórica aínda está por ver. Unha das bromas máis celebradas foi a xurdida arredor do parecido físico entre Javi Maneiro, vocalista dos Herdeiros da Crus, e un dos asaltantes da cámara americana.
Herdeiros na Capitol / Gholpistas no capitolio. pic.twitter.com/LWsrfLnBj8
— Ramona do Curral (@RamonadoCurral) January 7, 2021
O último que esperaba de 2021 era que Tonhito de Poi dera un golpe de estado nos EEUU pic.twitter.com/WUIkwfZ978
— o Xoel (@xoelourense) January 6, 2021
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.