Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/01/2021 | Actualizada ás 12:37
A Xunta está en "permanente contacto" con entidades sociais para que "ningunha persoa teña que pasar esta onda de frío na rúa", segundo destacou a conselleira de Política Social, Fabiola García.
Así o sinalou a preguntas dos xornalistas sobre o dispositivo do Goberno galego para atender ás persoas sen teito na comunidade.
Respecto diso, apuntou a reunións por "videconferencia e chamadas" con esas entidades e disposición "24 horas" co obxectivo de asegurar que haxa prazas en albergues "e que ningunha persoa teña que pasar esta onda de frío na rúa".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.