Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/01/2021 | Actualizada ás 15:16
O brote de coronavirus detectado este martes na terceira planta do Hospital Naval de Ferrol afecta xa a oito pacientes, segundo trasladaron fontes da Consellería de Sanidade a Europa Press.
Tras a posta en marcha do protocolo para este tipo de situacións, realizáronse máis de 80 test PCR e continúase co estudo dos contactos. Os pacientes afectados xa foron trasladados de centro hospitalario e foron ingresados na planta covid que a área Sanitaria de Ferrol ten na quinta e sétima planta do Hospital Arquitecto Marcide.
Por outra banda, neste mesmo centro do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), o brote detectado nas dúas ás da terceira planta do Hospital Arquitecto Marcide atópase "acoutado", con tres positivos por unha banda e outros nove por outro. Ata o momento realizáronse máis de 140 probas PCR.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.