Feiraco ‘vístese’ de Entroido

Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) celebra esta festividade tan arraigada na tradición galega ‘disfrazando’ de vaca as súas caixas agrupadoras nos principais puntos de venda e perfís sociais.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 19/01/2021 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Nun comezo de ano marcado pola terceira onda da pandemia, Feiraco mantén o ánimo entroideiro realizando unha promoción especial da marca de leite que consiste en ‘disfrazar’ de vaca as súas caixas agrupadoras e coa novidade da súa variedade sen lactosa.

Concurso Entrooido 2021. Foto: C. CLUN
Concurso Entrooido 2021. Foto: C. CLUN

E como cada ano, entre os consumidores que merquen unha caixa de seis litros de calquera variedade de Feiraco e que sigan as indicacións da promoción a través da APP aloxada na web, no Facebook e Instagram, participarán no sorteo de20 Vacalmorzos’.

Con este premio queren poñer en valor a orixe galega desta festividade grazas á colaboración dun grupo de artesáns galegos, que deseñaron en exclusiva para a campaña unha bandexa de madeira e un set de dous pratos con manchas de vaca de Atalanta Madeira, un mandil de Estudio Estampa e un set de dúas cuncas de Ceramista Arobe.

A campaña prolongarase ata o 21 de febreiro, data na que finaliza a recepción de participantes para proceder ao sorteo dos premios. Así mesmo, esta promoción complétase con materiais de imaxe decorados con motivos típicos do Entroido nos diferentes puntos de venda de Leite Feiraco e nas súas redes sociais.

O VALOR DO MODELO COOPERATIVO

A cooperativa CLUN continúa fiel ao seu compromiso con Galicia e aos seus valores propios -idioma, patrimonio, cultura, gastronomía, tradición- que lle outorgan unha identidade recoñecible e transmisible de xeración en xeración.

Novo cartón de Feiraco. Foto: C. CLUN
Novo cartón de Feiraco. Foto: C. CLUN

O Entroido é unha das festividades máis esperadas e arraigadas no calendario de celebracións galegas, con forte impacto na cultura popular galega que esta cooperativa contribúe a preservar a través das súas actuacións.

A cooperativa, nacida da unión de Feiraco, Melisanto e Os Irmandiños, distribúe os mellores lácteos en Galicia baixo as marcas Feiraco, Únicla e Clesa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sentidiño

A marca que envasa en galego, sen complexos. Só un lateral bilingüe, por imposición da lei española. Mais se etiquetas en inglés, non hai multa.

1 GalegON

A miña marca dende que teño uso de razón ;)