Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2021 | Actualizada ás 13:17
Un cargueiro con máis de 18.000 toneladas de gasoil, o 'Adfines Sky', atópase atracado no porto exterior da Coruña tras sufrir unha avaría no seu motor principal, segundo informa a Autoridade Portuaria da Coruña. O buque, cunha eslora de 160 metros, navegaba fronte ás costas galegas cando rexistrou a avaría e nestes momentos permanece atracado para proceder á reparación. "Unha vez emendado o problema, nos próximos días abandonará o porto exterior para pór rumbo ao seu destino", engade o organismo portuario.
Sobre a actividade en Punta Langosteira no caso de buques nestas circunstancias, indica que se atendeu "ao redor de 20 buques con avarías ou problemas de navegación, nalgúns casos no medio de circunstancias meteorolóxicas moi adversas e con cargas moi perigosas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.