Sacrificados os 3.100 visóns da granxa da Baña polo gromo de coronavirus

Ten como posible causa de orixe o contaxio de dous traballadores e a súa transmisión do virus aos animais.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/02/2021 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

Os 3.100 visóns da granxa do municipio da Baña (A Coruña) na que se rexistrou un brote de coronavirus foron sacrificados. Segundo a Consellería de Medio Rural, este sacrificio de animais realizouse entre os días 29 e 30 de xaneiro mediante o gaseamento habitual que se emprega para a industria peleteira.

Visóns americanos na gaiola dunha granxa
Visóns americanos na gaiola dunha granxa | Fonte: WWF - Arquivo.

O primeiro gromo covid-19 nunha explotación de visóns en Galicia, rexistrado no concello da Baña, ten como posible causa de orixe o contaxio de dous traballadores da granxa e a súa transmisión do virus aos animais.

Este é segundo caso de infección por SARS-CoV-2 en visón americano en España, tras o detectado no pasado mes de xuño nunha granxa da provincia de Teruel.

Na actualidade hai un total de 25 granxas activas de visóns en Galicia, cun censo de 69.186 reprodutoras. Con estes datos, conta coa maior parte do volume de negocio do sector no Estado tendo en conta que "tres cuartas partes" do total de explotacións sitúanse na comunidade galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta