Nesta web utilizamos cookies propias e de terceiros para prestar os nosos servizos, contabilizar as visitas, mostrarlle publicidade relacionada coas súas preferencias e integrarnos con varias redes sociais. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode consultar a nosa información detallada.
Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2021 | Actualizada ás 19:11
As Dioceses galegas optimizarán o tratamento administrativo das celebracións de exequias, segundo informa o Bispado de Ourense. Desa forma, as funerarias pasarán a realizar os trámites administrativos previos a cada funeral de forma telemática a través dun portal web específico.
Nun comunicado, afirma que para buscar "a maior transparencia e efectividade nos trámites a realizar, e seguindo as indicacións da Conferencia Episcopal, as Dioceses que integran a Provincia Eclesiástica de Santiago de Compostela acordaron un modo de proceder conxunto para o tratamento administrativo das celebracións de exequias".
Para facilitar estes trámites, as Dioceses galegas puxeron en funcionamento un portal web (www.exequiasdiocesis.gal). "Deste xeito, establécese que as empresas funerarias, unha vez acordada a celebración do funeral co párroco, abonen as taxas correspondentes, segundo a táboa de aranceis vixente, mediante trasferencia a unha conta bancaria da parroquia".
"Trátase dun procedemento que adecua ás novas tecnoloxías e facilita a xestión das cuestións administrativas", engade. Tamén explica que, para implementar este novo sistema, mantivéronse reunións este mes e que continuarán coas asociacións de funerarias.
Así mesmo, está a informarse de todos os detalles aos sacerdotes "para que, de maneira paulatina, ao longo dos meses de febreiro e marzo, en toda Galicia se vaia implantando plenamente este novo sistema",
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.