Convocado o XVII Premio José Couso de Liberdade de Prensa

O prazo estará aberto até 23 de febreiro ás 14,00 horas.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 02/02/2021 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol abriron a convocatoria da XVII edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, ao que se poden presentar candidaturas ata o martes 23 de febreiro ás 14,00 horas.

José Couso
José Couso | Fonte: Cedida.

O premio, que leva o nome do cámara ferrolán asasinado en Bagdad no 2003, ten como obxectivo recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha sobresaínte traxectoria profesional, libre e independente.

Calquera colexiado do CPXG ou socio do Club de Prensa de Ferrol pode entregar unha proposta. Igualmente, calquera persoa ou organización vinculada ao xornalismo está facultada para facer chegar a súa candidatura. O envío de candidaturas, con argumentación e currículo vitae, realizarase ao correo electrónico premiocouso@xornalistas.gal ou a través da páxina web do premio.

Ata as 14,00 horas do 23 de febreiro poderanse presentar as propostas, que se van anunciar como definitivas o xoves 25 de febreiro. Entre ese día e as 14,00 horas do martes 30 de marzo, o xurado, composto polos colexiados do CPXG e polos socios do Club de Prensa, poderá votar as candidaturas. O fallo do xurado darase a coñecer nunha rolda de prensa.

O Premio José Couso é un recoñecemento da profesión xornalística galega que non implica ningunha contía económica. O gañador recibirá un diploma acreditativo e o símbolo distintivo que representa o Premio, consistente nunha escultura de Manuel Patinha, que leva o nome de 'Ás ceibes'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Algo está a pasar coa liberdade de prensa e semella que a ninguén lle importa (?) https://i.gal/gamela22 (o artigo está obsoleto, pois El Pais tamén abriu o seu particular muro de pago light) Polo que respecta aos demáis medios remítome ás subvencións a dedo publicadas onte mesmo no GC) Resistencia !!!