Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2021 | Actualizada ás 14:05
A economía galega pechou 2020 cunha caída do 6,4%, segundo a estimación publicada este mércores pola Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal (AIReF). Este descenso é o terceiro menor entre comunidades, por detrás de Estremadura (-4,6%) e Castela-A Mancha (-5,5%), así como coa mesma taxa de Murcia (-6,4%).
Supón un retroceso case tres puntos inferior á caída media do país (-9,1%). No outro extremo atópanse esborralladas as economías de Baleares (-20%), Canarias (-12,5%) e Cataluña (-11,7%).
No tocante a taxas intertrimestrales --comparativa entre o cuarto e terceiro trimestre--, hai un repunte na comunidade galega do 0,5%, unha décima superior ao da media española (+0,4%).
DATOS ESTATAIS
En cambio, a nivel interanual todas as comunidades presentaron caídas de PIB, sendo as maiores as rexistradas por Illas Baleares (-20%), Canarias (-12,5%), Cataluña (-11,7%) e Comunidade Valenciana (-9,6%), que retrocederon máis que a media estatal (-9,1%).
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.