Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/02/2021 | Actualizada ás 11:25
O uso prolongado da mácara debido ás medidas sanitarias adoptadas ante a pandemia da Covid-19 disparou o interese da sociedade a someterse a cirurxías para mellorar o aspecto da súa mirada.
Segundo a Unidade de Oculoplastia del Centro de Oftalmología Barraquer, despois do confinamento medrou nun 14% as persoas que querían someterse á cirurxía de blefaroplastia, a intervención cosmética da mirada que corrixe as bolsas e o exceso de pel nas pálpebras.
"NOVAS FORMAS PARA MELLORAR O SEU ASPECTO"
Con respecto disto, o coordinador da Unidade de Oculoplastia de Barraquer, o doctor Gorka Martínez Grau, defendeu as razóns polas cales cada vez máis persoas pagan por este tipo de cirurxías:
"Ao ter que ocultar a parte inferior da cara e da boca debido ao uso da máscara, o estado da mirada gañou peso. Por iso, aquelas persoas que non se sinten cómodas por reflexar o cansazo, a tristeza ou o exceso de pel e graxa na contorna dos ollos, están a buscar novas formas para mellorar o seu aspecto".
Ademais, destacou que, en xeral, os pacientes interesados neste tipo de cirurxía "adoitan ter entre 35 e 70 anos e responden a perfís sociais moi diversos, aínda que na maioría dos casos, estes explican que o uso da máscara é o principal motivo para tomar esa decisión”, según o doctor Martínez Grau.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.