Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2021 | Actualizada ás 21:00
A noticia da confesión do ex-tesoureiro do PP estatal Luis Bárcenas a respecto da suposta contabilidade B do partido vén de dar unha inxección de tensión á actualidade informativa. Coa maioría dos focos postos no inminente comezo do xuízo e o dedo de Bárcenas apuntando a Rajoy, a cobertura ofrecida por parte da CRTVG sobre o suceso vén de xerar críticas.
A denuncia concreta partiu da plataforma de traballadores que dende hai meses denuncian a "manipulación" do ente público a mans da Xunta de Galicia. En concreto, dende Defende a Galega cargaron tanto contra a posición da cobertura --que, explican, quedou relegada á segunda media hora do informativo-- como contra a estensión desta, que ao seu ver resultou máis ben escasa.
A confesion de Bárcenas sobre a caixa B do PP tivo que agardar ao minuto 33 do TX Serán e nunha brevísima noticia. Seica para os responsables de informativos da @TVGalicia non ten relevancia, porque no TX Mediodía nin sequera se víu. Servizo público?#QueNonCheContenHistorias pic.twitter.com/NhOHvebahu
— DefendeAGalega (@DefendeAGalega) February 3, 2021
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.