"Un 50% dos virus secuenciados son da cepa británica"

O presidente da Xunta di que a virulencia da terceira onda ten que ver coas novas mutacións.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 11/02/2021 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

A cepa británica chegou a Galicia para quedar e para causar máis dano que a variante chinesa da Covid-19. A Xunta confirma que hai unha "prevalencia importante" da cepa procendente do Reino Unido no país e que iso explicaría, en parte, a virulencia desta terceira onda.

Mapa xenético do coronavirus COVID-19
Mapa xenético do coronavirus COVID-19 | Fonte: nextstrain

"Un 50% dos virus secuenciados no laboratorio de referencia de Vigo son procedentes da cepa británica", dixo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, este xoves na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. "Boa parte da explosión da terceira onda ten que vr coa mutación do virus e que esta cepa sexa dominante", indicou. "Iso é unha preocupación engadida na situación na que estamos. Se non mutara a situación sería menos preocupante", engadiu. Unha preocupación que chega cando vai comezar a vacinación dun dos sectores máis delicados, o dos maiores de 80 anos.

Este mesmo mércores, o Sergas anunciaba que os casos detectados da cepa británica do coronavirus na comunidade de Galicia pasaron de 16 da semana pasada a 41 confirmados e secuenciados". E, a diferencia de Feijóo, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou que non se pode falar de que porcentaxe representan estes casos porque "non hai capacidade de facer secuenciación a todos os positivos".

Por iso, puntualizou que eses 41 supoñen "casos confirmados" en Galicia que representan "casos acumulados confirmados", insistiu o titular de Sanidade. Comesaña lembrou que os datos cos que contan as autoridades sanitarias establecen entre un oito e dez por cento os casos desta cepa en España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta