Siemens Gamesa segue o camiño de Alcoa: rexeita todas as alternativas e pechará a planta das Somozas

A firma despedirá aos 215 traballadores, que serán informados este sábado en asemblea de en que condicións

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2021 | Actualizada ás 13:46

Comparte esta noticia

A multinacional Siemens Gamesa rexeitou todas as alternativas e executará o peche da planta das Somozas (A Coruña) co consecuente despedimento dos 215 operarios a través dun expediente de regulación de emprego (ERE).

A última reunión da mesa de negociación durou unhas doce horas, tras iniciarse ás 17,00 horas deste xoves, 18 de febreiro e prolongarse ata as 5,00 horas do venres nun hotel de Madrid.

Neste encontro, segundo apuntaron fontes sindicais consultadas por Europa Press, foron quen de "salvar a actividade produtiva, ante a actitude intransixente de Siemens Gamesa". Con iso, víronse " obrigados" a "negociar unha serie de propostas de saída dos traballadores, que serán trasladadas en asemblea aos operarios" ao longo deste sábado, día 20. Será precisamente a asemblea de traballadores a que decidirá sobre dita proposta.

O PECHE COMO ÚNICA SOLUCIÓN

Desde o ámbito sindical presente nestas negociacións, incidiuse en que non foron quen de "salvar os postos de traballo" porque "a compañía non estivo en ningún momento en disposición de tan sequera valoralo".

En relación a esta cuestión, reclamaron "a derrogación da última reforma laboral, que é a que fixo posible que Siemens Gamesa puidese tomar unha decisión como esta", á vez que criticaron "o pouco compromiso das administracións nun conflito industrial, xa que as súas peticións para crear unha mesa industrial "non foron atendidas" e desde o Goberno "tampouco fixeron ningún xesto para forzar a Siemens Gamesa a meditar a súa decisión e reverter o peche."

Traballadores da central térmica de Endesa nas Pontes, da planta de Siemens Gamesa nas Somozas e de Alcoa en San Cibrao concéntranse ante a Delegación do Goberno.. M. Dylan - Europa Press
Traballadores da central térmica de Endesa nas Pontes, da planta de Siemens Gamesa nas Somozas e de Alcoa en San Cibrao concéntranse ante a Delegación do Goberno.. M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta