Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2021 | Actualizada ás 11:50
Un incendio calcinou na noite deste venres por completo toda unha planta dunha casa no municipio pontevedrés de Covelo. Segundo a información do CIAE 112-Galicia, todo parece indicar que o lume se iniciou na cheminea, propagándose por todo o tellado da casa, de dous pisos. Ardeu, case por completo a planta superior, aínda que non houbo que lamentar vítimas.
Foi un particular o que chamou a emerxencias sobre as 21,00 horas para indicar que ardía o tellado da súa casa, situada no lugar de Pazo, en Barcia de Mera. Ata a zona desprazáronse os Bombeiros do Porriño e os de Ponteareas, así como efectivos da Garda Civil e Protección Civil.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.