Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2021 | Actualizada ás 11:56
Na xornada do domingo o compostelán barrio de San Pedro saltou á actualidade de xornais e telexornais estatais pola aparición dunha boneca coa cara de Carmen Calvo penduraba dunha árbore. En poucas horas, o acto foi condenado polos principais líderes do PSOE e da oposición; incluída a propia Viceministra, que subliñou a importancia de manter "as ameazas e a violencia" fóra do taboleiro político.
Ollando en retrospectiva o suceso, cada vez son máis as voces que ven no boneco de Carmen Calvo un malentendido provocado por un choque cultural. O impacto da covid non debe de escurecerer o feito de que Galicia, en fin, segue en entroido, e que unha das máis sonidas e antigas tradición da festa é a do meco: que consiste en crear unha figura --xeralmente dun persoeiro público que se pretenda escarniar-- para pasealo e, á fin do entroido, prenderlle lume.
A tese de que a boneca de Carmen Calvo non era senón un meco gaña forza de ter en conta as testemuñas que, nas últimas horas, veñen de emerxer nas redes sociais. O usuario @karloskvar daba conta na noite do sábado do momento no que foi disposta a figura en cuestión; que, de acordo con este tuiteiro, pouco tivo que ver coa nocturnidade e a alevosía que se lle presumían ao suceso.
O publicado sobre o meco da ministra é mui inexato. Passava por essa praça quando o colocárom e foi pola tarde, nom de madrugada; nom foi ontem, foi durante o entruido; e foi um grupo de choqueir@s em atitude claramente festiva e com umha reivindicaçom trans, nom machista.
— Carlos Calvo Varela (@karloskvar) February 20, 2021
O suceso do boneco quedaría así resolto sen o ton violento e ameazante que nun comezo se lle presupoñeu ao caso. Na memoria queda a polémica dese día de 2015 no que varios alcaldes e integrantes do PSOE no Levante 'guillotinaron' unha figura de Mariano Rajoy. Nestas circunstancias o afán era outro, aínda que moitos --mesmo algún deputado de orixe galega-- non o vira así dende un comezo.
Mi apoyo total a @carmencalvo_ y mi condena a semejante acto repulsivo. la violencia y el odio no tienen cabida en nuestra Democracia!! https://t.co/2CvCGtpajK
— Ana Vázquez Blanco (@anadebande) February 20, 2021
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.