Por Galicia Confidencial | A Coruña | 22/02/2021 | Actualizada ás 20:50
2.187 falecidos. Ese é o número de persoas que morreron en Galicia con covid-19 desde o inicio da pandemia tras informar o Sergas de 11 novas vítimas nos últimos tres días. Iso implica un incremento con respecto ás cifras comunicadas nos últimos días, todas elas inferiores á decena de mortos.
A área da Coruña volve ser a máis afectada, con cinco falecidos. Depois está a de Ferrol, con tres mortos, a de Pontevedra con dous e a de Lugo, cun falecido. Todos eles tiñan patoloxías previas agás un home de 56 anos falecido no CHOP.
Este é o balance remitido pola Xunta:
Día 20
Muller de 94 nos no CHUF. Procedía da residencia O Casón de Moeche.
Muller de 89 anos no CHUAC.
Muller de 83 anos no CHUF
Muller 89 anos no CHUS
Día 21
Home de 68 anos no CHUAC
Muller de 86 anos no CHUF.
Home de 91 ano no HULA
Home de 56 anos no CHOP
Día 22
Home de 64 anos no CHUAC
Muller de 87 anos no CHUAC
Home de 85 anos no CHUAC
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.