Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/08/2013 | Actualizada ás 08:00
A deputada do Grupo Parlamentario Popular na Asemblea de Madrid María Teresa Gómez-Limón Amador viaxaba o día 24 de xullo no Alvia de Renfe que se accidentou na curva de Angrois, preto de Santiago. Dirixíase a Ferrol, de onde é natural o seu marido, Rafael Taibo, para pasar unhas vacacións coa familia e no sinistro resultou con graves lesións, das que aínda se está recuperando no seu domicilio madrileño.
“Non creo que o erro fose só do condutor, que non me conten historias”, dixo nunha interesante entrevista de Carmela López no Diario de Ferrol. “Non é lóxico que nun tren de alta velocidade vaia un único maquinista na cabina, porque, e se ten un ictus ou un ataque de tolemia, que pasaría entón?, engadiu.
E é que esta deputada popular carga, directamente, contra os presidentes de Adif e Renfe. “Parécenme uns terroristas que gañan sueldazos por ter grandes responsabilidades, que despois non se lles esixen”, suliñou.
Pero tampouco exculpou aos ministros de Fomento e cita, expresamente, ao socialista José Blanco e a súa sucesora no cargo, a popular Ana Pasto. Do primeiro di que “se apresurou a cortar a cinta antes das eleccións” e da segunda “que non se preocupou de ver se a alta velocidade estaba preparada”.
E é que considera “ilóxico” que un percorrido de alta velocidade se poña en marcha sen todos os mecanismos necesarios para evitar catástrofes como a de Santiago. “E ao cabo de tres días poñen o sistema que terían que poñer antes”, apuntou. Por iso, está disposta a acudir como acusación particular pola vía civil e penal nas dilixencias xudiciais abertas. “Esnaquizaronme a vida e hai outras 79 persoas que xa non poden protestar”, apuntou.
María Teresa, que é psicológo forense nun xulgado de Madrid, fracturouse un pé, o esternón e a segunda vértebra cervical, polo que tivo que ser sometida a unha intervención cirúrxica para implantarlle un óso da cadeira e estivo hospitalizada 16 días. “As lesións físicas son as que menos me preocupan, pero psicoloxicamente estou moi tocada”. “Aquel horror non marcha da cabeza; estou moi decaída e cando me animo un pouco sintome moi indignada”, indico na entrevista no Diario de Ferrol
Desconcerto
É o fillo de María Teresa, Víctor Taibo, quen corrobora a indignación da súa nai e denuncia, ademais, o desconcertó e o “abandono” das administración. “Cando a miña nai me chamou case non podía falar e a situación foi lamentable, porque non estaba nas listas e tivemos que buscala polos hospitais”, dixo.
Por iso, denuncia o “total abandono por parte das administracións e de Renfe”. Asegura que moitas das cousas que tanto a Xunta como o Ministerio de Fomento fixeron chegar á cidadanía “non son reais”. Así, sinala que o mesmo día do accidente anunciouse a posta en funcionamento dun teléfono para localizar ás vítimas, pero ocorreu que comunicaba todo o tempo, polo que denuncia a “incapacidade da Xunta” para dispor do persoal necesario que puidese atender as chamadas dos familiares.
“Tiven que buscarme a vida eu só, porque o meu pai é maior, ten 78 anos e estaba moi preocupado, para localizar á miña nai”, apunta Víctor Taibo, que tamén critica o feito de que Renfe, nin a primeira semana nin as seguintes, habilitou un centro de coordinación para resolver cuestións relacionadas coas equipaxes ou os seguros.
“O lóxico é que Renfe, a Xunta e o Ministerio de Fomento puxesen en servizo unha oficina para atender á xente. Polo menos eu non conseguín dar con ninguna”, apunta o fillo de María Teresa Gómez-Limón.
Ao seu modo de ver, están a inventarse cousas para tentar quedar ben, como o feito de que se anunciase unha oficina para as vítimas no Xulgado número 3 de Santiago, “e cando eu acudín alí dixéronme que era un proxecto”.
“Situación de desamparo”
Víctor Taibo sostén que as vítimas do tráxico accidente atópanse nunha “situación de desamparo”. Refire que a súa nai ten que acudir con frecuencia ao hospital para comprobar a evolución das súas lesións e que necesita desplazarse nun taxi ou unha ambulancia, porque ten que moverse nunha cadeira de rodas.” Pois ben, hai uns días a aseguradora de Renfe comunicounos que xa se pagaron moitos gastos, polo que, a partir de agora, pídennos que paguemos nós o taxi e que despois reembolsarán o diñeiro”.
Oficina en Madrid e non en Santiago
Por outra banda, criticou que un responsable de Renfe acudiu no hospital no que estaba a súa nai cun escrito no que se informaba da apertura dunha oficina en Madrid para as vítimas, cando, ao seu modo de ver, o lóxico sería que se situase en Santiago, que era onde estaban os afectados.
Outra das cuestións que, desde o seu punto de vista de afectado, as administracións públicas “Xunta e Ministerio de Fomento” terían que afrontrar é a creación dun servizo xurídico, xunto con Renfe e Adif.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.