Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2025 | Actualizada ás 19:55
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que Galicia "retoma o control da emerxencia" tras a reunión, esta tarde de martes por videoconferencia, co ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, na que se rebaixou o nivel de 3 a 2. Así, as clases retomaranse este mércores en todos os centros educativos, á vez que as escolas infantís funcionarán con normalidade.
Diso informou o presidente do Goberno galego --nunha comparecencia sen preguntas celebrada na sede da Xunta este martes--, quen garante que "funcionarán con total normalidade todos os centros educativos de Galicia", así como as escolas infantís. Paralelamente, Rueda informa de que se decidiu ampliar dous días os prazos de procedementos administrativos que terminasen os días 28 ou 29 de abril.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.