Por Europa Press / Redacción | Cobas (Ferrol) | 26/02/2021 | Actualizada ás 20:56
O presidente do Partido Popular de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que "a situación industrial, social e económica das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal é crítica" e "tendente a empeorar", estado que atribúe ás decisións do Goberno central actual, aínda que esquenceu lembrar que o abandono da comarca débese a sucesivos gobernos, entre eles, os de Rajoy.
"Estamos ante a peor situación vivida por estas comarcas desde hai décadas. Non hai proxectos de futuro e non se cumpren os compromisos do presente, e por iso non imos calar e non imos mirar para outro lado. O que imos é a loitar por esta zona", manifestou.
O tamén presidente da Xunta pronunciouse deste xeito no Parador de Turismo de Ferrol, onde estivo acompañado do presidente provincial do PP, Diego Calvo, e do presidente local, José Manuel Rei Varela. Xunto a eles, reuniuse con rexedores e portavoces municipais populares no norte da provincia da Coruña para analizar o actual escenario.
Na súa intervención, Feijóo culpou ao Goberno central da situación, xa que "todas as decisións que toma van en contra dos intereses lexítimos da comarca".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.