O CHUAC realiza máis de 200 transplantes de órganos sendo o cuarto centro neste tipo de operacións no Estado

Na comparecencia, o coordinador de transplantes destacou, do mesmo xeito que o xerente, o número de doazóns pese ao contexto de pandemia.

Por E.P. | A CORUÑA | 01/03/2021 | Actualizada ás 17:40

Comparte esta noticia

O complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) situouse en 2020 como o primeiro hospital de España en transplantes cardíacos e o cuarto en actividade trasplantadora. Así o informaron os responsables sanitarios nunha comparecencia remitida aos medios de comunicación e con presenza do xerente da área sanitaria da Coruña, Luís Verde; o coordinador de transplantes, Fernando Mosteiro; o director asistencial, Antón Fernández e os responsables do programa de pulmón e de corazón, Mercedes da Torre e José María Herrera, respectivamente.
O
En total, realizáronse en 2020 un total de 228 transplantes de órganos, o que situou ao hospital coruñés no cuarto posto, a pesar de ser dez menos que o ano anterior. "Case a mesma actividade que no ano 2019", indicou o xerente, que destacou que o Chuac fose o primeiro en número de transplantes cardíacos, 29 fronte aos 20 do ano anterior (45% máis) e o aumento nun 30% do pulmonar, ata situarse en 53.

DOAZÓNS E TRANSPLANTES

Na comparecencia, o coordinador de transplantes destacou, do mesmo xeito que o xerente, o número de doazóns pese ao contexto de pandemia. De doantes falecidos, houbo 32 multiorgánicas --una delas pediátrica --, das que 17 foron doazóns en parada cardíaca.

A idade media dos doantes foi de 69,4 anos, o 19% máis de 70 anos e a porcentaxe de negativas familiares situouse nun 20%. Houbo tamén 15 doantes renais vivos e un transplante do programa nacional de transplante renal cruzado.

Por tipo de transplantes, 88 foron renais, fronte aos 109 de 2019; 73 de doante falecido e 15 de doante vivo, co que se situou como sexto hospital de España. Pola contra, foi o segundo que máis transplantes pulmonares fixo, cun total de 53. Houbo tamén dous de páncreas, 56 hepáticos 48 de medula ósea e 51 de córnea, entre outros.

O xerente da área sanitaria da Coruña, Luís Verde,  presenta, xunto a outros responsables médicos, o balance de actividade trasplantadora do Chuac en 2020. CHUAC
O xerente da área sanitaria da Coruña, Luís Verde, presenta, xunto a outros responsables médicos, o balance de actividade trasplantadora do Chuac en 2020. CHUAC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta