Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2021 | Actualizada ás 20:43
O Goberno central negou á Xunta o permiso para utilizar o Pazo de Meirás para a entrega das Medallas Pardo Bazán, galardón do Executivo autonómica ás entidades e persoas que traballan pola igualdade, o vindeiro luns 8 de marzo.
Segundo trasladaron a Europa Press fontes do Executivo autonómico, o Goberno central rexeitou a petición debido ás obras de acodicionamiento que se están acometendo tanto no interior como no exterior do recinto.
O Goberno galego solicitara ao Estado celebrar este acto nos xardíns de Meirás polo seu simbolismo e vinculación coa escritora que dá nome aos galardóns.
Estas medallas, creadas no ano 2019, recoñecerán este ano o traballo a favor da igualdade da Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro) e da Asociación Rede Mulleres Vecinais contra os Malos Tratos de Vigo. Ademais, tamén recaerá este premio, a título póstumo, na expresidenta da Casa Galicia Xapón, Megumi Shiozawa, falecida o pasado mes de marzo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.