Por Galicia Confidencial | Ourense | 03/03/2021 | Actualizada ás 21:00
Ecoloxistas en Acción e Amigos das Cegoñas alertan que a única parella de cegoñas que visitou Ourense aniñou na grúa instalada para a reconstrucción do museo arqueolóxico de provincial de Ourense.
Esta problemática remóntase ao ano pasado cando desmontaron unha anterior grúa na que aniñaba esta parella de cegoñas na pasada tempada de cría. Dado o desmantelamento desta grúa a parella de cegoñas de Ourense viuse obrigada a trasladar a localización do seu niño, que situaron no contrapeso da grúa que a empresa COPASA ten ubicada nas obras do museo arqueolóxico provincial.
As organizacións ecoloxistas sinalan que a evolución dun niño en plena época de cría é motivo suficiente para deter a utilización da grúa se esta causa molestias ou riscos, máis aínda a partir do momento da posta dos ovos. Así, lembran que a Directiva de Aves Europea e a lexislación estatal prohíben expresamente causar molestias ás aves migratorias. Tamén apuntan que o Código Penal é moi craro neste aspecto: “é delito realizar actividades que impidan ou dificulten a reproducción dunha especie protexida”, como o é a cegoña branca (Ciconia ciconia).
As dúas organizacións ecoloxistas sinalan esta situación se tivera evitado se o Concello de Ourense puxera en práctica as medidas que se lle veñen indicando desde hai tempo por parte do movimento ecoloxista. Compre aplicar medidas como a colocación de torres de aniñamento artificiais a onde trasladar o niño das cegoñas fora da época de reproducción. Para a aplicación desta medida se lle presentou ao Concello de Ourense incluso presuposto e planos facilitados pola asociación Ipcena, asociación catalana con cumprida experiencia neste tipo de problemáticas.
Ecoloxistas en Acción e Amigos das Cegoñas instan ademais á Consellería de Medio Ambiente e ao resto de administracións implicadas, a que fagan cumprir as directrices de protección e se inicien de inmediato as labouras precisas para reubicar o niño, unha vez finalizada a cría da especie, nunha localización segura para que estos feitos non tornen a producirse.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.