Por Europa Press / Redacción | Compostela | 08/03/2021 | Actualizada ás 12:47
A Xunta publicou, no Diario Oficial de Galicia (DOG) este luns, a resolución da cuarta convocatoria do programa 'Fábrica intelixente e sostible', que conta con 21 millóns en axudas para a realización de nove proxectos en sectores como automoción, alimentación, enerxías renovables e industria da madeira.
A finais de febreiro, a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, xa anunciou a resolución destas axudas, que agora se publican no DOG, nas que participan 23 empresas e seis organismos de investigación. Suporán a creación ou mantemento de máis de 600 postos de traballo de alta cualificación.
Están lideradas por compañías como PSA, Pescanova, Benteler, Finsa, Cupa, Hifas da Terra, Gri Towers, Galigrain (do Grupo Nogar) e Silicio Ferrosolar.
O proxecto 'Facendo 4.0', impulsado por PSA e no que tamén participa o Centro Tecnolóxico da Automoción (CTAG), así como Gradiant, Aimen e a Universidade de Vigo, contará cunha axuda pública de 9,17 millóns. O obxectivo é obter novas solucións tecnolóxicas que permitan á factoría viguesa "consolidarse como un referente de automóbiles a nivel mundial".
No ámbito da industria alimentaria, o grupo Nueva Pescanova desenvolverá xunto co centro tecnolóxico Gradiant e a compañía viguesa ASM Soft a iniciativa 'Sexa2Table 4.0', para a que contarán cun apoio de 1,15 millóns.
No caso do proxecto 'Ingenio+', liderado por Finsa, investigará en novas tecnoloxías habilitadoras 4.0 en produción sustentable de novos taboleiros de alto valor engadido. Recibirá unha axuda de 2,64 millóns de euros e contará con entidades colaboradoras como Aimen, Cesga, Citius e Energylab, e empresas tecnolóxicas como Imatia, Dalp e DXC.
GRI Towers, con sede no Carballiño (Ourense), impulsa a iniciativa 'Windin4.0', que se centra na dixitalización de procesos de fabricación de torres eólicas. O apoio público supera o millón de euros e o proxecto con
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.