Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2021 | Actualizada ás 19:58
O persoal de repartición de Correos de Narón (A Coruña) seguiu este luns a convocatoria de paros convocada polo sindicato CXT pola falta de contratación para cubrir as ausencias de persoal. De acordo coas súas cifras, o seguimento foi maioritario, de máis do 80% do persoal fixo.
Os carteiros denuncian que levan "meses traballando cunha falta constante de cinco/seis efectivos, entre os que se atopan tres zonas de repartición estruturais de persoas que se xubilaron e non foron substituídas e outras tantas ausencias temporais".
O persoal concentrouse para esixir máis contratación e para comunicar aos veciños que a falta de efectivos "está a levar unha deterioración acentuada do servizo", o que implica que "diariamente quedan sen repartir centos de cartas".
CXT cualifica as medidas adoptadas por Correos (a contratación de dúas persoas por unha semana) como "un parche insuficiente" que non vai arranxar os problemas estruturais da unidade. Esta mesma semana, traballadores manterán unha reunión coa alcaldía de Narón, á que pedirán que adopte unha postura de presión a Correos para que preste "un mellor servizo" no concello.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.