Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/03/2021 | Actualizada ás 13:48
Baixo o lema "SEN COIDADOS, NON HAI VIDA", miles de mulleres saíron ás rúas durante o Día da Muller acompañadas de diferentes asociacións feministas como Galegas 8M e sindicais como a Confederación Intersindical Galega (CIG) para demostrar que as mulleres non estamos soas e que, xuntas, somos máis fortes.
En concreto, en Santiago de Compostela, Galegas 8M convocouna ás 18:00 na Praza 8 de Marzo, de onde botamos a andar cara a Praza do Obradoiro, mantendo as distancias de seguridade debido á Covid-19.
A andaina estivo marcada polos berros e as cantigas das mulleres que levaban o liderado da manifestación, remarcando que "o patriarcado vai caer" e que "o feminismo vai vencer". Ademais, ao chegar á Praza do Obradoiro, todas xuntas reivindicamos o rol da muller durante esta pandemia, que foi a maior responsable dos coidados.
Por isto, durante a concentracióin feminista, esixiuse á Administración que poña a vida no centro das actuacións sociais e económicas, valorando así o papel predominante da muller nos traballos de coidados.
Así, a sociedade feminista galega, que demanda a inclusión das mulleres trans no movemento feminista, empapou durante dúas horas todo Santiago de Compostela do máis puro ambiente feminista.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.