Por Jessica Fernández | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/03/2021 | Actualizada ás 20:25
A artista urbana Sax realizará o próximo 16 de marzo o graffiti reivindicativo programado pola Concellería de Igualdade con motivo do 8M en colaboración coa Urban Culture Factory.
Os traballos iniciaranse en torno ás 11:00 horas, nun muro de 10 x 2 metros situado á altura do número 12 da céntrica rúa Cruz Gallástegui, estando prevista unha visita da concelleira socialista Yoya Blanco ás 12:30 horas para seguir a marcha da intervención artística.
SAX: REFERENTE FEMININO NO GRAFFITI
A graffiteira Sax, que é unha das artistas máis veteranas neste campo dominado maioritariamente por homes, comezou na súa adolescencia a crear bosquexos que posteriormente foi plasmando en diversas paredes.
A elixida para crear o graffiti, inspirado no cartel deseñado pola artista gráfica Maru Astray para a campaña do 8M, baixo o lema 'Feminismo para cambiar o mundo'; é un referente feminino neste ámbito, cun estilo marcado ademais polo uso de cores, texturas e temáticas que fan alusión ao feminismo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.