Juanma Moreno e Alfonso Rueda rexeitan a acollida e non descartan recorrer aos tribunais. A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinala que o sistema galego conta con 800 prazas de menores e unha rede de 80 centros nos que acollelos, "con independencia das súas orixes", sistema que está actualmente "ao 104 %".
  comenta   0
Distorsión das expectativas sobre a sexualidade, normalización da violencia e da desigualdade, falta de educación sobre o consentimento e a afectividade, aprendizaxe de prácticas de risco... Un de cada catro nenos ve pornografía por primeira vez antes dos 12 anos e a metade fano entre os 12 e os 15.
  comenta   0
Foi unha profesora de galego, María Xesús, quen lle abriu os ollos. "As lecturas obrigatorias daquela materia achegábanse moito aos intereses da adolescencia, eran actuais e variadas", recorda.
Miguel Perlado explica como as seitas amplían a súa influencia máis alá dos contextos espirituais e relixiosos tradicionais.
  comenta   0
A COVID transtornou as dinámicas familiares deixando saír elementos agochados até o momento da pandemia. Logo de levantar a prohibición de saír á rúa e a volta paulatina á normalidade, as consecuencias do peche na casa deixáronse sentir no alumnado en forma de depresión, ideación suicida e outras cuestións sociais que reforzaron os riscos autolesivos entre os menores
  comenta   0
Estes e outros temas derivados do consumo precoz de pornografía abordaranse desde distintas ópticas na sétima edición de 'Tempo da Psicoloxía'
  comenta   0
A presidenta da Asociación Galega de Orientadoras (AGOEP), Martina Martínez, apunta que, segundo a Unesco, cada orientadora debería ter baixo a súa atención un máximo de 250 alumnos. "Eu creo que no 80 % dos casos esa cifra non se está cumprindo, pois a maioría dos centros precisariamos dúas orientadoras máis, polo menos", de maneira que denuncia que as 15 prazas ofertadas este ano pola Consellería de Educación, "non chegan nin para comezar".
  comenta   0
Darryl MacCray é o precursor do 'taqueo', o grafiti de firmas, que chegou a estampar no avión dos Jackson Five.
  comenta   0
Este sindicato da educación celebra o 9 de febreiro unha asemblea para analizar ferramentas para loitar polo galeno no ensino. Contará con catro textos base e estará aberta a todo o profesorado.
  comenta   0
O obxectivo, explican nun comunicado, é iniciar un "camiño para conseguir o benestar e a realización dos dereitos de nenas, nenos e adolescentes"
  comenta   0
A Plataforma de Organizacións de Infancia alerta de que só se denuncian ao redor dun 15% dos casos de violencia.
  comenta   0
"A xente nova ve nas persoas que saen nas pantallas e nas redes sociais referentes dignos de imitar, molóns, persoas que marcan tendencia... E, entre eles, evidentemente, o peso do castelán é asoballante", expón o tamén investigador do ILG. "Urxe protexer aos mozos que falan galego; sen base de falantes, perdemos o futuro da lingua", advirte.
  comenta   2
Actualmente hai xa un 30 % de adoslecentes que comezan a presentar problemas de conduta relacionados co uso dos móbiles e das pantallas, dos cales arredor dun 3 % poderían ser considerados adictos no sentido máis estrito da palabra. A taxa de ideación suicida en menores sitúase nun 12,7 %.
  comenta   0
A compra compulsiva pode afectar o mesmo que calquera outra adicción. É algo impulsivo, sen meditación previa e acaba afectando e alterando a vida persoal, familiar e laboral de quen é adicto ás compras. Como toda adicción, pode superar as barreiras de sexo, idade e clase social, mesmo sen ter en conta a capacidade económica do individuo afectado. As políticas de prevención son un paso importante para frear este comportamento adictivo, aínda así, poden servir estas políticas nunha sociedade tan consumista como a nosa?
  comenta   0
'Unha vida viquinga' amosa na Cidade da Cultura máis dun cento de pezas históricas, ademais de presentar unha curta inédita sobre mitoloxía nórdica asinada por David Rubín e unha recreación a tamaño real dun barco viquingo.
  comenta   0
O psicólogo Roberto Antón Santiago asegura que "se tende moito a estigmatizar este tipo de cousas e de condutas propias da adolescencia, como se todo o que fan os rapaces e as rapazas fose problemático, sen lembrarnos de que nós faciamos o mesmo aínda que fose doutro xeito".
  comenta   0
O ministro de Interior incidiu tamén na prevención do consumo de drogas e de alcol e da delincuencia nos colexios e alertou da importancia de protexerse fronte aos riscos de internet e das redes sociais
  comenta   0
O Concello de Allariz presenta un completo programa de actividades divulgativas, formativas e de tempo de lecer compartido pensadas para coidar e forzalecer os lazos afectivos na familia. As actividades realizaranse os días 4, 10, 11, 12 e 15 de maio.
  comenta   0
O Goberno reunirase este mércores 24 de abril na Comisión Sectorial de Infancia e Adolescencia coas comunidades autónomas para tratar cuestións relacionadas con menores migrantes non acompañados.
  comenta   0
Un estudo piloto realizado o pasado ano pola Universidade de Santiago (USC) entre 1.000 universitarias da propia institución académica arroxa datos arrepiantes: un 12 % delas, é dicir, máis de unha de cada dez, aseguraron ter sido agredidas sexualmente algún dos xoves ou venres que saíron de festa na cidade. Reflexionamos co psicólogo e profesor da USC Antonio Rial Boubeta sobre esta gran problemática.
  comenta   0
A cantante axudou a darlle visibilidade, pero a día de hoxe segue facendo moita falta investigación e recursos para unha enfermidade que afecta a 5.800 persoas en Galicia
  comenta   0
Os costumes entre persoas que pagan por sexo tamén cambiaron coa chegada da Internet. Se antes os prostíbulos estigmatizaban ás persoas que exercían a prostitución dentro, agora a rede ofrece certo anonimato tanto a persoas prostituídas como consumidoras de sexo de pago. Alén diso, a rede tamén está favorecendo a aparición de comportamentos como o sexting, chantaxe mediante a ameaza de difusión de imaxes íntimas pola rede. A persecución dos novos modelos de prostitución mediante plataformas online é difícil cando non case imposible.
  comenta   0
As nenas representan un 57,4 % do total das víctimas, segundo o último informe realizado por Save the Children. Os datos do Ministerio do Interior amosan que en 2021 Galicia condenou un 19 % dos casos detectados a nivel nacional. Jorge García Marín, sociólogo da USC, realiza un chamamento aos pais para que teñan máis control sobre os lugares que os seus fillos frecuentan nas redes.
  comenta   0
O 50 % das persoas maiores de 65 anos van a desenvolver un ou máis cancros de pel. Na sociedade actual, o 61 % da xente cre que estar moreno é bo, é atractivo e por iso acoden tanto á praia no verán como ás cabinas de bronceado, cuxo uso sistemático antes dos 30 anos multiplica por seis o risco de melanoma na idade adulta.
  comenta   0
Un alcohólico enferma a unha media de catro persoas do seu entorno, que poden chegar a enfermar e sufrir tanto ou máis que o propio alcohólico. O problema é que as familias non o recoñecen e sempre poñen boa cara no exterior, cando en verdade na casa hai un drama moi grave que ten que ser atendido.
  comenta   0
"Non somos quen de explicarlles aos rapaces que ata os 25 anos non poden tocar todo iso (porros, alcol, tabaco...), pois aínda que a partir de aí tampouco deberían, o dano que se van facer é moitísimo menor", advirte Manuel Isorna, experto en drogodependencia e profesor na UVigo. Só na cidade de Nova York aténdense en urxencias máis de 6.000 casos ao ano por consumo de cannabinoides sintéticos e antes da pandemia, o consumo de cánnabis estaba entre as urxencias máis atendidas, chegando ao nivel da cocaína.
  comenta   1