Comesaña considera que garantir a saúde mental dos mozos é "garantir o éxito da sociedade futura"

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2024 | Actualizada ás 14:18

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, reivindicou o compromiso da Xunta coa saúde mental dos mozos "porque traballar en favor do benestar dos mozos é garantir o éxito da sociedade no futuro". Así se expresou o conselleiro na XII Xornada sobre saúde mental e adolescencia da asociación Emilia Gómez-Adafad. No acto, estivo acompañado pola presidenta da asociación, Miriam Pérez, así como pola directora, María José Lamas.

O responsable do departamento sanitario lembrou que a Xunta promoveu unha nova lexislación de protección da saúde dos menores, que inclúe as adiccións sen substancia, como as relacionadas coa tecnoloxía e as redes sociais. Nesta mesma liña, o Goberno galego limitou o uso dos móbiles nos colexios.

Ademais, Comesaña defendeu que o Plan de saúde mental post covid 2020-2024 "supuxo un cambio drástico na historia da saúde mental infanto-xuvenil, coa dotación de persoal e de novas unidades". Para concluír, o conselleiro incidiu en que, cando se trata de saúde mental, "toda a información é pouca", polo que agradeceu á organización estas xornadas.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña | Fonte: Xoán Crespo - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta