Tras estar un ano e medio en terapia e ter superado o seu problema, escribiu o libro 'Fuera de juego', co que pretende axudar ás persoas que estean pasando por unha adicción ao xogo tan forte como a que viviu ela: chegou a gañar e perder 14.000 euros na mesma tarde.
  comenta   0
O obxectivo, segundo dixo o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, é "axudar ás vítimas no control e superación das adiccións para que poidan incorporarse á vida autónoma".
A compra compulsiva pode afectar o mesmo que calquera outra adicción. É algo impulsivo, sen meditación previa e acaba afectando e alterando a vida persoal, familiar e laboral de quen é adicto ás compras. Como toda adicción, pode superar as barreiras de sexo, idade e clase social, mesmo sen ter en conta a capacidade económica do individuo afectado. As políticas de prevención son un paso importante para frear este comportamento adictivo, aínda así, poden servir estas políticas nunha sociedade tan consumista como a nosa?
  comenta   0
O director xeral de Alborada Vigo asegura que en Galicia, polo momento, non hai incidencia desta droga que causou máis de 100.000 mortes nos Estados Unidos, e asegura que aquí "o fentanilo e a adicción ao mesmo sempre foi moi vinculado ao tema da dor". Con todo, pide estar alerta, pois o que sucede nos Estados Unidos "é algo que pode chegar aquí en calquera momento".
  comenta   0
É habitual e está socialmente aceptado o ver colas de xente agardando para comprar os seus boletos de lotaría. Dun tempo a esta parte tamén se popularizaron os rascas. E, como advirte Gerardo Rodríguez, vogal de Agalure, dun ano a esta parte chéganlles mozos de entre 18 e 25 anos enganchados ás tragaperras, algo que antes non era o habitual, pois a súa adicción partía máis das apostas deportivas ou da ruleta.
  comenta   0
Máis de 5.000 adolescentes galegos son adictos aos videoxogos e, vinculados a eles, poderían volverse adictos ás apostas deportivas e outro tipo de xogos de azar. O profesor da USC Antonio Rial Boubeta alerta dos perigos. A OMS recoñece os videoxogos como unha adicción dende 2022, o plan contra as adiccións galego aprobouse no 2011
  comenta   0
Problemas de concentración, de desenvolvemento, estrés, adicción... Son só algúns dos efectos que pode ter nos menores unha exposición prolongada ás pantallas. A OMS recomenda non superar as dúas horas ao día, pero nun total de 630 colexios galegos isto non se está a cumprir.
  comenta   0
María creou unha adicción ao bingo coa que conviviu durante dez anos. A dela é unha historia de estigma como muller e como xogadora, pero tamén de resiliencia para saír do labirinto da ludomanía.
  comenta   0
A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía, María Rosa Álvarez, quen efectivamente enmarcou as adiccións entre os mozos "nun problema de saúde pública".
  comenta   0
O acordo foi asinado este xoves da man do titular de Sanidade, Julio García Comesaña, e o presidente da Fegamp, Alberto Varela, que á súa vez analizaron a situación actual destas unidades.
  comenta   0
O 62% dos pais detecta comportamentos de adicción, pero o 78% recoñece que non teñen suficiente información para protexer aos seus fillos dos perigos da rede.
  comenta   0
O profesor de psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio Rial Boubeta, alerta de que un inicio temperá duplica as taxa de posible adicción e de conductas de risco.
  comenta   0
A Deputación da Coruña pide crear o Observatorio do Xogo e unha Lei do Xogo "que recolla todas as accións necesarias para a prevención das condutas adictivas asociadas ao xogo e as apostas e que regule o acceso a este dos mozos".
  comenta   0
O portavoz socialista Julio Torrado mostrouse "encantadísimo" de que estas cuestións "sexan prioridade" para o grupo de Goberno, aínda que lembrou que existe unha Lei de Xogo pendente de levar ao Parlamento.
  comenta   0
O organismo provincial achegará axudas á asociación coruñesa Agalure para os seus proxectos de rehabilitación de persoas adictas ao xogo, as apostas e outras adiccións sen sustancia.
  comenta   0
Segundo explicou o departamento autonómico, ambas as organizacións ocúpanse de ofrecer atención especializada ás persoas que padecen ludopatía así como realizar funcións de información, orientación e sensibilización sobre o tema ao conxunto da sociedade.
  comenta   0
O estado de alarma trouxo canda si o incremento do consumo da Internet. Adolescentes, persoas en situación de ERTE ou sen emprego, xente que non sabe como investir o seu tempo libre, pasan horas diante do ordenador. O consumo indiscriminado pode pasar factura no momento en que o estado de alarma permita volver á vida cotiá.
  comenta   6
Máis dun 15 % dos estudantes recoñece acceder a Internet para participar nestas actividades, segundo unha enquisa. A porcentaxe dispárase entre homes: un 33,8% accede a xogos e un 16,9% a sitios de apostas.
  comenta   0
A apertura de salóns de xogo nalgúns barrios en cidades galegas provocou a reacción en contra de colectivos de pais e nais. A Xunta de Galicia paralizou a concesión de máis licenzas para locais e de momento a nova lei do xogo leva seis meses en elaboración. Mentres, o sector cre que se está creando unha falsa alarma e asociacións de rehabilitación cren que os datos sobre adiccións non reflicten a realidade.
  comenta   1
O excesivo consumo de pornografía entre xente moza desde idades moi temperás está cambiando patróns de conducta entre os máis novos. Doutra parte, os e as especialistas en adiccións alertan dos riscos de iniciarse na sexualidade a través do "filtro" do porno. Instaurar a educación afectivo-sexual nas escolas e institutos, podería axudar a frear esta tendencia e mellorar a calidade das relacións.
  comenta   5
O po branco esténdese por todas as capas sociais que recorren a el como droga recreativa ou estimulante para render no traballo. A adicción física é máis fácil de superar que a adicción psicolóxica polo seu efecto euforizante. As persoas consumidoras normalmente non saben como e con que materias se fabrica, aumentando o risco para a súa saúde.
  comenta   2
O consumo de alcol dentro de Galicia é o problema de adicción máis preocupante segundo especialistas, educadores e autoridades. GC fala con persoas que tiveron problemas co alcol e que comezaran a beber moi novas. Tras anos de loita a súa mensaxe é que se pode saír deste inferno. Estas son algunhas das súas historias.
  comenta   0
O consumo e o exceso de alcol é tolerado, o do tabaco é visto como prexudicial mais aumenta entre a xente nova. E entre as drogas, hai níves diferentes. O haxix ou cannabis semellan "brandas", as drogas de deseño "están de moda" e no cume da pirámide a cocaína ou a heroína. Pero que hai detrás do consumo de drogas en Galicia?, e, sobre todo, que propicia o seu consumo e a súa imaxe social?.
  comenta   0
A incidencia do consumo de drogas sobre menores de idade está en aumento. Son moitas as variables que están detrás deste incremento. A cuestión é que a abordaxe desta situación para freala ou darlle a volta, pasaría por un cambio social, educativo e mesmo político.
  comenta   0
O tribunal suspende a pena de cárcere a condición de que siga un tratamento de deshabituación do alcol e posteriormente cumpra dous anos de liberdade vixiada
  comenta   0
A dermatoscopia, expón a organización, é unha técnica de exame clínico 'in vivo', non invasiva, que utiliza un sistema con luz incidente fundamentalmente polarizada.
  comenta   0
Non é ningún segredo que o consumo de drogas, non é bo para ninguén e aínda así descoñecense as consecuencias exactas.
  comenta   0
Coñecidas polas súas campañas audiovisuais en Youtube como #YoSiTeCreo ou #HolaPutero, Zúa Méndez e Teresa Lozano poñen o feminismo no centro do debate en redes sociais cunha comunicación directa. Agora, tamén o fan no papel co ensaio ‘#HolaGuerrera‘. Falamos con Lozano mentres viaxan cara A Mariña.
As alarmas saltaron cando se soubo que unha porcentaxe alta de adolescentes apostan en salas de xogo. Non só os videoxogos, tamén os xogos online de apostas están creando xente nova tendente á ludopatía. Que pasa cos mozos e a xente que aposta? Poden deixar de seren ludópatas? Cales son os trazos que definen a unha persoa adicta ao xogo?
  comenta   0