O 93% dos menores de 6 anos teñen dispositivos con internet

O 62% dos pais detecta comportamentos de adicción, pero o 78% recoñece que non teñen suficiente información para protexer aos seus fillos dos perigos da rede.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/07/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A organización Montessori Canela Internacional (OMCI) presenta os resultados do estudo Observatorio sobre o uso de internet en menores de idade, no que participaron de forma anónima 430 pais con fillos de entre 3 e 17 anos durente o mes de xullo. O obxectivo do estudo é coñecer o acceso a internet que teñen os nenos e adolescentes, os perigos que puideron identificar os seus pais  as vantaxes que poden supoñer o emprego destes dispositivos para as súas vidas.

Neno empregando un dispositivo con acceso a internet - guiainfantil.com
Neno empregando un dispositivo con acceso a internet - guiainfantil.com

Máis da metade dos nenos (62%) teñen compartamentos de adicción a internet, segundo comentan os seus pais. Porén, o 78% dos pais recoñece que non teñen información suficiente para protexer aos seus fillos dos perigos de internet e o 61% declara que non sabe como facer para que non caian na adicción a internet. A pesar desta desinformación, o 87% dos pais afirman que coñecen máis da metade das actividades que os seus fillos realizan na rede.

DEPENDENCIA DA REDE

Moitos pais observan que os seu fillo se enfada ou se pon nervioso cando non pode conectarse a internet. Ademais, un 19% viu como o seu fillo deixa de facer actividades cos amigos ou ca familia para estar conectado á rede durante máis tempo. Tamén comentan que lles resulta moi difícil separalos dos dispostivos.

SO O 2% DOS NENOS EN IDADE ESCOLAR NON TEÑEN NINGÚN DISPOSITIVO

Os menores de idade teñen na actualidade unha dependencia moi grande dos dispositivos para estudar. A depencia é moi alte no grupo de entre 12 e 16 anos, co 76%. Só o 2% dos menores en idade escolar non teñen ningún dispositivo para estudar na casa.

En canto ao ocio, case a metade dos menores de entre 12 e 18 anos ten un dispositivo propio para xogar. Ademais, o 93% dos menos der 6 anos ten algún aparato con internet dedicado ao ocio na casa, o 11% deles teñen un só para eles.

Con 6 anos maís do 60% dos nenos empregan dispositivos con acceso a internet e antes dos 10 anos a cifra aumenta ata o 85%. Isto contrasta ca idade que os pais pensan que os nenos deberían empregar ditos aparatos. O 61% considera que ata pasados os 10 anos non deberían empregalos e un 93% está en contra de que os nenos menores de 3 anos se inicien no seu uso.

É POSITIVO OU NEGATIVO O EMPREGO DE DISPOSITIVOS CON INTERNET?

A maioría dos pais teñen unha visión negativa do uso destes apartatos. Un 51% di que non pasaría nada se os seus fillos non tiveran acceso a internet durante a súa infancia. Incluso un 23% afirma que a súa vida sería mellor así. Porén, o 20% afirma que o seu fillo sentiríase moi só durante a pandemia se non houbera dispositivos con internet. Con todo, só o 21% dos enquisados ve positivo o acceso a internet durante a infancia para o futuro dos nensos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta