Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/03/2021 | Actualizada ás 20:28
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, difundiu nas súas redes sociais a felicitación que o seu fillo lle fixo con motivo do Día do Pai, unha xornada que aproveitou para felicitar a todos os pais.
"Sempre é un pracer atopar entre a prensa un agasallo tan especial, máis aínda despois de tanto tempo no que as boas noticias non abundan. Feliz día a todos os pais", trasladou Feijóo, nunha mensaxe que acompaña con varias fotos nas que, entre xornais, aparece o debuxo que lle regalou o seu fillo Alberto, de catro anos.
O presidente galego tamén aludiu á súa paternidade recentemente, cando se conmemoraban os 12 anos da súa primeira vitoria electoral en marzo de 2009. Asegurou entón que o seu "maior honra" no profesional é "servir a Galicia" e, no persoal, ser pai.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.