Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/03/2021 | Actualizada ás 11:39
As poetas galegas Alba Cid e Raquel Vázquez participan na Semana da Poesía de Milán dentro do proxecto multicultural 'Poetas en paralelo. Poesía e comunidade', un proxecto artístico creado pola Asociación CubEArt e a Casa da Poesía de Milán para promover o intercambio cultural entre Cuba, Italia e España.
O proxecto, no que tamén colaboran o Instituto Cervantes de Milán e o Instituto do Cubano do Libro, desenvolverase no bienio 2021/2022 e é parte integrante do proxecto máis amplo 'Poetry in my passion', un itinerario poético de solidariedade multicultural.
'Poetas en paralelo' inaugurouse o sábado 20 de marzo e prolongarase ata o 25 de marzo cun extenso programa de iniciativas no que participarán 60 poetas: 25 italianos, 25 cubanos e 10 españois, todos eles de diferentes idades, sexo e estilo poético.
O obxectivo do proxecto, tal e como indicou o Instituto Cervantes de Milán nun comunicado, é "mostrar a poesía como a máis alta expresión dos sentimentos humanos, unha preciosa ponte narrativa para unha verdadeira interacción entre diferentes culturas, aceptando as múltiples facetas humanas como unha oportunidade para superar as mononarrativas do pensamento único".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.