Por Galicia Confidencial | Compostela | 23/03/2021 | Actualizada ás 20:38
O Comité clínico de expertos que avalía a situación da covid-19 en Galicia, ven de recomendar, logo da xuntanza mantida esta tarde, que os concellos de Beade, que a pasada semana non estaba entre os de máis riscos, e Maside --que xa estaba-- teñan que cumprir o nivel máximo de restricións. Deste nivel máximo saen os concellos de sde el próximo de Vilardevóse Paradela.
Ademais, este comité do Sergas determinou o establecemento do nivel alto de restricións en sete concellos galegos, concretamente en Vilardevós, Ortigueira, Abegondo, Neda, O Saviñao, Sanxenxo e Baiona.
Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións nos municipios de Boimorto, O Carballiño, Ribadavia, Xinzo de Limia, Bergondo, Culleredo, Ponteceso, Arteixo, A Coruña, A Laracha, Betanzos, Camariñas, Laxe, Valdoviño, Coles, Soutomaior, Cangas, Sober e Pantón.
Nos resto dos concellos galegos, estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio baixo. Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro venres, 26 de marzo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.