Pontón (BNG) sobre a lei de saúde de Feijóo: "É a crónica dun recurso anunciado"

Considera que se trata dunha lei "inútil" para loitar contra a pandemia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2021 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "xa sabía" dos "problemas de legalidade" da reforma da Lei de Saúde de Galicia e considerou a decisión do Goberno de recorrela ante o Tribunal Constitucional (TC) trátase da "crónica dun recurso anunciado".

"É coñecida a posición do BNG sobre o Tribunal Constitucional e o uso partidista que fai o bipartidismo PP-PSOE, --cuxa renovación segue pendente pola pelexa entre ambos para asegurarse o seu control-- pero esta é a "crónica dun recurso anunciado e dunha polémica interesada", sinalou Pontón nunha mensaxe publicada no seu perfil da rede social Twitter.

A nacionalista sostén que Feijóo xa coñecía os "problemas de legalidade" da lei polo que "non a levou ao Consello da Xunta", "esquivando os preceptivos informes xurídicos" e presentándoa a través do PP no Parlamento. "É a proba evidente de que sabían os problemas que tiña", incide.

Pontón considera que se trata dunha lei "inútil" para loitar contra a pandemia e que o recurso "alimenta a polémica de confrontación estéril" que "tan cómoda lle é ao PP". "Pero estéril para Galicia. E todo no medio dunha pandemia e dunha crise económica brutal. Merecémonos gobernos á altura deste momento", apunta.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón | Fonte: BNG.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta