Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/04/2021 | Actualizada ás 20:14
A Consellería do Medio Rural iniciou a solta de 1,6 millóns de individuos do parásito Torymus Sinensis "para consolidar a súa loita contra a avespa do castiñeiro", informa. Sobre esta medida, indica que investirá máis de 2,2 millóns de euros en 2021 para combatir a praga con este método natural.
En concreto, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal comezou estes días a realizar as primeiras soltas nas comarcas da Coruña e Pontevedra, onde as condicións meteorolóxicas permitiron que os castiñeiros xa brotasen. Nas próximas semanas, os traballos seguirán tamén as provincias de Lugo e Ourense.
A Consellería explica que o momento da solta "depende de cando comezan a crecer as follas dos castiñeiros e, por tanto, as bugallas. "Así, cando hai un número suficientes de bugallasen un souto procédese á solta dos parásitos", apunta.
Por outra banda, precisa que o número "depende da superficie de soutos e plantacións de castiñeiro existentes, co obxectivo de que o parásito comece de forma natural a súa expansión e protexa así estes enclaves naturais".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.