O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luís Chan, participou este venres na inauguración do 'III Foro dá castaña', onde reivindicou o papel de Galicia como líder no fomento do castiñeiro, tanto en superficie cultivada como na calidade dos produtos asociados a esta especie e na loita contra pragas.
  comenta   0
O colectivo organizador decidiu cancelar os festexos ao serlle denegados os permisos, por "motivos de seguridade" e tras a presentación da documentación requirida, á maioría dos barraquistas que pretendían instalarse no barrio.
Algúns, como o castiñeiro de Soutogrande ou o de Oreal, están valorados en máis de 700.000. Aquí chos presentamos, da man do profesor do Departamento de Produción Vexetal da USC Antonio Rigueiro.
  comenta   0
No século XVIII a entrada dun patóxeno levouno case á extinción e nos últimos corenta anos semella que está a rexurdir a febre da súa plantación a nivel mundial. Da man da profesora da USC Fina Lombardero vamos coñecer as pragas que máis preocupan a día de hoxe aos agricultores galegos.
  comenta   0
Queres saber o rendemento que che pode dar un souto de tan só unha hectárea? Sabes como podes aproveitar os castiñeiros para a cría de porco celta? Eres amante dos cogomelos? Estamos a falarche de rendementos económicos de miles de euros. Da man de Antonio Rigueiro Rodríguez, profesor da USC, explicámosche as vantaxes destes soutos.
  comenta   0
Na actualidade Galicia conta con case 50.000 hectáreas de castiñeiros, fronte ás máis de 400.000 de eucaliptos, a maioría ubicados nos distritos forestais da Fonsagrada-Os Ancares, Terra de Lemos e Valdeorras-Trives. Roque Rodríguez, catedrático da USC, asegura que "os castiñeiros son unha alternativa mellor aceptada socialmente e con máis axudas dende o punto de vista das subvencións e do plan estratéxico da PAC".
  comenta   0
Unións Agrarias insta á Xunta a poñer en marcha un gran plan contra o 'chancro do castiñeiro'.
  comenta   0
O Campus Terra identifica e desenvolve elicitadores naturais do castiñeiro fronte á ‘avespiña’ co proxecto ‘Go Delicas’.
  comenta   0
Alberga exemplares de castiñeiro centenarios considerados os mellores de Europa polo seu porte forestal.
  comenta   0
Trátase dun castiñeiro de Lugo e unha sobreira de Redondela, este último rodeado de varios capítulos da historia de Galicia.
  comenta   0
A Xunta celebrará cursos formativos sobre plantacións de castiñeiro de froito en tres municipios.
  comenta   0
Unhas 20 hectáreas do monte Neiro, compostas por castiñeiros e carballos, poderían entrar a formar parte do Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas autóctonas, que pretende favorecer a protección deste tipo de plantacións
  comenta   0
Destinará máis de 2,2 millóns de euros en 2021, case un 3% máis que en 2020, a esta estratexia.
  comenta   0
O seu estado actual “é lamentable” porque leva anos sen ser podados e porque os castiñeiros están afectados en elevado grado pola avespiña do castiñeiro
  comenta   0
Os exemplares de 'Torymus' son importados de Italia, o único país onde, ata agora, está autorizada a produción deste parásito. Para introducilo no noso territorio hai que cumprir moitas particularidades legais.
  comenta   1
Constituída a Mesa da Castaña como órgano asesor para "consolidar" o liderado de Galicia na súa produción.
  comenta   1
Investigadores do Instituto de Investigaciones Agrobiológicas de Galicia conseguiron a conservación de embrións zigóticos de castiñeiro e de embrións somáticos de castiñeiro, sobreira, aciñeira, ameneiro e diferentes especies de carballos europeos e americanos.
  comenta   0
O grupo Agronomía da Universidade de Santiago lidera a análise xenética do castiñeiro en Europa e avalía o efecto do enxerto na súa ‘domesticación instantánea’. As primeiras evidencias de cultivo en Galicia localizáronse no val do Douro, en castaños enxertados de 14 metros de perímetro, hai seis séculos.
  comenta   0
Carballos, castiñeiros, eucaliptos, sequoias... Até 43 exemplares e formacións arbóreas singulares agardan entrar nesta exclusiva catalogación. Científicos da Universidade de Santiago presentan os 'suplentes' que aspiran ser protexidos.
  comenta   2
A oficina municipal de voluntariado de Ponteareas (Voltea) convoca a unha xornada de eliminación de eucalipto que terá lugar o sábado 27 de outubro neste ben patrimonial.
A localidade de Chandebrito (Nigrán), “a zona cero” dos incendios que arrasaron Galicia o pasado outubro, inaugura este venres o seu Bosque da Memoria para lembrar que traxedias así non volvan acontecer.
"Hai que darlle cabida a todas as especies sen demonizar a ningunha delas", di a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez .
  comenta   5
Unha tese da Universidade de Vigo achega novas estratexias ao programa de mellora xenética desta especie.
  comenta   1
A Comunidade de Montes de Lourizán aproba limpar de eucaliptos 9 hectáreas de monte para plantar frondosas e crear unha franxa protectora de 30 metros.
  comenta   0
O ‘Colectivo Rexeneración Autóctona Val propúxose rexenerar simbólicamente os montes de Couso con especies autóctonas.
  comenta   0
A Comunidade de Montes de Lourizán plantou 250 pés de castiñeiro de froito nun monte que antes estaba inzado de eucaliptos.
  comenta   1
A primeira hectárea de monte amadriñado en Froxán (Lousame) nun crowdfunding solidario contará coa participación de medio cento de cativas da Escola Semente de Compostela
  comenta   0
Contará con medio milleiro de exemplares nunha superficie de 5 hectáreas e permitirá que en cada estación do ano a parcela luza unha composición cromática distinta.
  comenta   3
A provincia de Ourense concentra o 75% da produción deste froito en Galicia. A Xunta aposta por reforzar este sector para manter a poboación destas áreas e crear postos de traballos.
  comenta   7
Técnicos piden ao Goberno central que autorice a loita biolóxica en Galicia contra a avespa chinesa do castiñeiro. Esperan que a solta do insecto 'Torymus' reduzan as perdas a un "20 ou un 30%" da próxima colleita.
  comenta   1
A Xunta anuncia unha campaña para mellorar a calidade medioambiental dos soutos de castiñeiros.
  comenta   0
Destinará 2,5 millóns en subvencións para que os propietarios de terras incorporen esta especie nas súas leiras.
  comenta   0
A Consellería do Medio Rural intensifica a loita biolóxica contra este insecto mediante a solta experimental de parasitos.
  comenta   0