A Xunta quere plantar un millón de castiñeiros

Destinará 2,5 millóns en subvencións para que os propietarios de terras incorporen esta especie nas súas leiras.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 03/06/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

A Xunta quere que o castiñeiro, árbore autóctona galega e cunha gran importancia na gastonomía do país ata a chegada da pataca, volva a ocupar o posto que lle corresponde nos montes galegos. Por iso, destinará 2,5 millóns de euros para que os galegos poidan plantar un millón de árbores desta especie.

Souto de castiñeiros
Souto de castiñeiros | Fonte: galiciaunica.es

Foi o anuncio que fixo este xoves o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, como unha das medidas para a diversificación do mundo rural. As subvencións ás plantacións de castiñeiros partirán dos cartos do superávit e teñen coma fin que se repoboen 1.000 hectáreas de terreo con esta especie.

Sen embargo, a Xunta delimita estas axudas a zonas concretas. Así, toda a provincia de Ourense e case toda a de Lugo (agás a Mariña) poderán acollerse ás subvencións. Na de Coruña só as zonas da Terra de Melide e de Boimorto e en Pontevedra os concellos do Deza, Tabeirós-Terra de Montes e Cuntis, Cotobade, A Lama e Campolameiro.

“E unha árbore autóctona que está moi identificada con Galicia”, dixo Feijóo ao defender esta media. Ademais, e a diferencia de anos anteriores, non haberá superficie mínima para solicitar axuda. Tamén haberá menos esixencias nos requisitos e se anularán as prohibicións de plantar castiñeiros en fincas en pendente.

Por outra banda, a Xunta destinará 4,2 millóns de euros para completar a parcelaria e para iniciar novas fases. En total, o obxectivo é chegar a 44.000 hectáreas parceladas que afectan a case 30.000 familias.

Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, Feijóo tamén anunciou axudas por valor de 3 millóns de euros para os gandeiros que teñen préstamos con dificultades para axudalos a refinanciar créditos, execucións hipotecarias ou débedas con produtores. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta