Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 22/10/2020 | Actualizada ás 18:18
A Xunta destinará máis de 2,2 millóns de euros en 2021, case un 3% máis que en 2020, a soltas de parásitos 'Torymus', que combaten á avespa do castiñeiro. Segundo destaca a Consellería de Medio Rural, "Galicia comeza a gañar a batalla" contra esta praga que afecta os castiñeiros galegos.
De feito, o Goberno galego asegura que o seu plan de loita "está a ser un referente" noutras comunidades e, "mesmo, noutros países".
Así, a Consellería de Medio Rural investiu máis de 5,8 millóns na liberación de máis de 4,1 millóns do parásito 'Torymus' por toda a xeografía galega. Nalgún punto alcanzouse ata o 44% de parasitación.
A produción de castaña en Galicia é duns 20 millóns de quilos, o que supón preto de 50 millóns de euros unha vez comercializado o produto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.