A Xunta investirá 4,5 millóns en soutos tradicionais dos 30 para impulsar silvicultura

Di que xa investiou 2,2 millóns en combater a praga da avespa do castiñeiro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2021 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural investirá preto de 30 millóns de euros en 2022 para o impulso a plantacións, silvicultura e bo goberno dos montes galegos.

Entre este global, 12,7 millóns (un 68% máis que este ano) irán a axudas de forestación e primas de mantemento, mentres que para silvicultura e gobernación de montes veciñais consígnanse 10,5 millóns de euros. Igualmente, haberá unha nova liña para a plantación de castiñeiros e a recuperación de soutos tradicionais, dotada con 4,5 millóns de euros.

Este luns celebrouse unha nova reunión do Consello Forestal. Previamente, o conselleiro José González explicou, en declaracións á prensa nun acto no Monte do Gozo, que se avanza na elaboración do inventario forestal continuo, de forma que "a finais deste ano vanse a ter os primeiros resultados".

Así mesmo, no Consello Forestal constituíuse un grupo de traballo para avanzar no uso sociorrecreativo dos montes veciñais, unha das finalidades marcadas no Plan Forestal de Galicia. Aquí conxúgase a protección do medio natural coa promoción do uso social e turístico nunha rede de infraestruturas verdes.

Noutra orde de cousas, fíxose balance da loita contra a praga da avespa do castiñeiro. En 2021, a Consellería soltou preto de 1,6 millóns de individuos de 'Torymus sinensis' para combater esta praga, cun investimento de 2,2 millóns (+3%).

Castiñeiros de Vilardevós dunha parcela da empresa Auriensis Selectum. CEDIDA
Castiñeiros de Vilardevós dunha parcela da empresa Auriensis Selectum. CEDIDA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta