Por Europa Press / Redacción | LUGO | 16/09/2021 | Actualizada ás 10:40
A Xunta celebrará dous cursos formativos sobre a planificación e o deseño de plantacións de castiñeiro de froito en Paderne de Allariz (Ourense) e Monterroso (Lugo), así como outro relacionado con podas para a renovación destes castañales no Saviñao (Lugo).
Deste xeito, búscase planificar as plantacións de castiñeiros de acordo coas zonas e o destino final do produto e complementar a formación dos produtores respecto de novidades de investigación, tratamentos de árbores, tendencias técnicas e de mercado e distintos tipos de podas e enxertos, segundo detalla a Consellería do Medio Rural.
En concreto, a formación impartirase no polideportivo municipal de Paderne de Allariz este martes ás 18,00 horas e no centro sociocultural de Monterroso ás 16,00 horas do próximo venres, 24 de setembro. Mentres, o curso do Saviñao celebrarase no auditorio municipal ás 10,00 horas do próximo sábado, 25 de setembro.
As persoas interesadas en asistir á formación poden inscribirse a través dos formularios dispoñibles na páxina web da Consellería do Medio Rural, que deberán enviarse ao correo electrónico formacion.agacal@xunta.gal con indicación do curso que se se solicita.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.