Convocadas as axudas para paliar os danos causados polo oso pardo en colmeas, gando ou rolos de herba

Están dotadas cun orzamento global de case 5,6 millóns de euros para 2025.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2025 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

A Xunta publicou este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha nova convocatoria de axudas para facer fronte aos danos ocasionados polo oso pardo en colmeas, gando ou rolos de herba. Desta forma, poderán beneficiarse os titulares de explotacións que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA) de Galicia e que resultasen afectadas o período comprendido entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025, tendo a obrigación de notificar o dano á Xunta antes de tres días mediante o teléfono 012.

No caso de que os danos se comunicasen con anterioridade á data de publicación da orde no DOG, os interesados disporán dun mes para pedir a axuda, mentres que se o ataque se produce a partir de agora, o prazo contará a partir do día seguinte ao da comunicación oficial. Segundo detallou o Executivo galego, esta nova convocatoria enmárcase no paquete de seis liñas de axudas publicadas pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático co fin de previr e paliar os danos ocasionados pola fauna silvestre para garantir a súa convivencia coas actividades do medio rural. Dotadas cun orzamento global de case 5,6 millóns de euros para 2025, gandeiros e agricultores poden solicitar indemnizacións coas que cubrir os ataques protagonizados polo lobo ou polo xabaril.

Oso Pardo nos Ancares
Oso Pardo nos Ancares | Fonte: turgalicia - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta