El País versus La Voz

El País e Vicepresidencia non pasan polas suas mellores relacións. Tampouco as que mantén a Presidencia da Xunta con La Voz de Galicia. Nos últimos meses tense polarizado o abano informativo de Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/01/2007 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

Non é a primeira vez que isto acontece e, por iso, non é de extrañar que dende a saída da edición galega deste medio a finais do pasado ano, Vicepresidencia non teña aportado publicidade. Tamén hai a orde de que non haxa entrevistas neste xornal aos conselleiros do BNG se non son publicadas en galego, algo que contradice a liña editorial de El País.

En Vicepresidencia están convencidos de que o xornal do Grupo Prisa foi montado por orde do secretario de Organización do PSOE, José Blanco. Por iso, as relacións entre este departamento e o medio non pasan máis alá do puramente institucional.

Onte mesmo, tras as novas aparecidas en El País, diversos cargos orgánicos do BNG recibiron unha mensaxe nos seus teléfonos celulares: "Nota d Anton Losada sobre artigo El Pais. volve Superpiñeiro á TVG. impresentable e ataque á libertad de expresión. Losada retrogado e censor dimisión. PASAO". A pesar de revisar a páxina Web da Vicepresidencia, este medio non foi quen de atopar a noticia á que onte se refería o xornal de Madrid.

Unha situación ben diferente é a do xornal La Voz de Galicia, que mantén, nos últimos meses unha excelente relación con Vicepresidencia, diferente a que mantén co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Dende a Presidencia do Goberno galego critican que este medio se ten convertido case que nun altofalante do BNG, e, concretamente, de Quintana e de Antón Losada.

A intermediación do secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado, home moi vinculado ao Grupo Voz, tampouco conseguiu mellorar as relacións entre Touriño e a dirección deste xornal,  a pesares de que a súa elección, respondeu no seu día, ao intento da Presidencia de limar as asperezas que existían entre Touriño e o medio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

8 galego

Está ben crariño que a política editorial de El País en Galicia é fondamente antinacionalista. O artigo sobre a Vicepresidencia e Super Piñeiro era todo un exemplo de demagoxia e chulería. Hoxe unha carta na sección de cartas ao director volta coa mesma teima. Decepcionante abuso editorial. Eu paso de El País. Así de clarito, mi niño.

7 Xan

Esta loita trasládase tamén aos hooligans do PSOE e do BNG, empezan as discusións nos blogs. Podedes comprobalo nos comentarios no de Blas García (www.blasgarcia.com).
LAMENTABLE

6 lagaitaenlacabeza

Y encima muere el gran Kapuscinski, que puta lección de periodismo les daría a estos medios. Una anécdota suya que viene al caso: "En enero de 1991 encaminé mis pasos a la moscovita estación de Riga para comprar un pasaje de tren con destino a Vilna, donde acababa de producirse una masacre. Como en la ventanilla no quedaban billetes le compré el suyo a un estudiante y subí al tren. El vagón registraba un lleno total, pero con un compartimento vacío. Cuando al llegar al destino lo abrieron, resultó que estaba repleto de agua mineral para los miembros de los equipos de televisión norteamericanos que cubrían las noticias de Vilna. Ni siquiera era agua comprada en Moscú: se trataba de botellas de Evián y Perrier importadas directamente de París, tal incluso de Estados Unidos. El que decide dedicarse a esta profesión debe, a mi juicio, asumir todas las consecuencias de su elección. Si no lo hace, nunca vivirá de verdad lo que tiene que vivir ni acabará de comprender las cosas. No hay otro medio, pues la gente que ve esta agua de París también ve que no se la considera digna de confianza, que se monta una barrera para aislarse de ella."
Me apetecía poner esto, tengo dos libros suyos geniales, los recomiendo, que gran lección de humildad, grandeza, conocimiento. Creo que los dirigentes de las empresas de Media en su puñetera vida leyeron al polaco. Dios, puto país de mierda y de mediocres en el que vivimos

5 pedro

Pódese falar dunha verdadeira liberdade de prensa cando son alguns grandes grupos económicos os que marcan a pauta a seguir aos medios de comunicación? Critican o que lles interesa e miran para outro lado cando non lles conven. Que penita.

4 hadrian

Eu titularia este artigo "Guatemala vs Guatepeor"