El País versus La Voz

El País e Vicepresidencia non pasan polas suas mellores relacións. Tampouco as que mantén a Presidencia da Xunta con La Voz de Galicia. Nos últimos meses tense polarizado o abano informativo de Galicia...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/01/2007 | Actualizada ás 18:18

Comparte esta noticia

Non é a primeira vez que isto acontece e, por iso, non é de extrañar que dende a saída da edición galega deste medio a finais do pasado ano, Vicepresidencia non teña aportado publicidade. Tamén hai a orde de que non haxa entrevistas neste xornal aos conselleiros do BNG se non son publicadas en galego, algo que contradice a liña editorial de El País.

En Vicepresidencia están convencidos de que o xornal do Grupo Prisa foi montado por orde do secretario de Organización do PSOE, José Blanco. Por iso, as relacións entre este departamento e o medio non pasan máis alá do puramente institucional.

Onte mesmo, tras as novas aparecidas en El País, diversos cargos orgánicos do BNG recibiron unha mensaxe nos seus teléfonos celulares: "Nota d Anton Losada sobre artigo El Pais. volve Superpiñeiro á TVG. impresentable e ataque á libertad de expresión. Losada retrogado e censor dimisión. PASAO". A pesar de revisar a páxina Web da Vicepresidencia, este medio non foi quen de atopar a noticia á que onte se refería o xornal de Madrid.

Unha situación ben diferente é a do xornal La Voz de Galicia, que mantén, nos últimos meses unha excelente relación con Vicepresidencia, diferente a que mantén co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. Dende a Presidencia do Goberno galego critican que este medio se ten convertido case que nun altofalante do BNG, e, concretamente, de Quintana e de Antón Losada.

A intermediación do secretario xeral de Comunicación da Xunta, Fernando Salgado, home moi vinculado ao Grupo Voz, tampouco conseguiu mellorar as relacións entre Touriño e a dirección deste xornal,  a pesares de que a súa elección, respondeu no seu día, ao intento da Presidencia de limar as asperezas que existían entre Touriño e o medio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 23 comentarios

3 ESTEVO DAS ESTRIVADAS

O triste de todo é que ainda hoxe falamos de liberdade de prensa cando o que hai é liberdade de EMPRESA. Un producto mais do Capitalismo, así, leccións a Cuba hai que darllas nonsi???

Este xornal, foi vergoñento cando o golpe de estado contra o Presindente democrático de Venezuela, Hugo Chavez, quen apoiou ese golpe cun titular en primeira páxina. NOXENTO.

Nun sistema capitalista é moi difícil, por non dicer, dificilísmo, que existan medios "independentes".

A reportaxe que sacou El País sobre a última asemblea nacional do BNG, ao día seguinte desta,foi bochornoso. Criticaban a Quintana por haber logrado só 63% dos votos asemblearios....se tiveran a mesma vara de medir, supoño que tamén criticarían a ZP cando non chegou nen ao 50% das suas bases para representar ao PsoE nas eleccións xerais. Todo o contrario...Para El Pais iso foi un acto de pluralismo polìtico. Bochornoso este xornal, igualiño que "La Coz".

Non me cro nada sobre as relacións de "La Coz" con Vicepresidencia...pois é evidente que trata mellor ao PsoE que ao BNG. Ainda hai mais, cando hai artigos que atacan a xestión dalgún político institucional, aparecen as siglas BNG se son desta organización, mentres que se é do PsoE...nunca aparecen.

A estratexia de El Pais, semellaria clara, censurar aos seus electores, os chamados PROGRES, a polìtica que desenvolve o BNG na Galiza....pois isto farialle restar votos ao PsoE.

Por favor, non falemos de liberdade de prensa, os xornalistas son os primeiros que se decatan disto, cando os seus artigos son censurados continuamente.

2 desde el jergón

Bueno, las cosas como son. El artículo-reportaje de El País-Galicia (domingo) más que criticar a superPiñeiro, que lo hacía, era desafortunado por cuanto, de paso, denigraba a la gente mayor de Galicia. Seguramente ésa no era la intención del autor, pero si eres periodista y escribes en un periódico prestigiado como El País tienes que tener dominio sufuciente del discurso. Y es que existe una cierta coñita con eso de meterse con los "velliños" lo que no deja de ser una inercia de la época de Fraga y de su propia figura. El tal superpiñeiro conecta bien con ellos, y punto. Si El País quiere meterse con el Bloque, está en su libérrimo derecho, no lo haga con los ancianos de este país.
Por lo demás, y ésto es obvio,lo que EP viene a hacer -ahora y no hace tres o nueve años- es a consolidar el poder del PSOE con dineros públicos, como hacen todos los medios de comunicación.
A La Voz los gallegos le regalamos su edificio inteligente de Sabón y, cada día, miles de euros de forma directa (subvenciones) o indirecta (grupos de comunicación, productoras) y con Presidencia no se llevará bien pero con Cultura es que la tienen (a buenas horas) cruzada.

Me dicen que Faro de Vigo es hoy una hoja parroquial de Abel Caballero a través de la Autoridad Portuaria.

Es de risa lo de los medios gallegos. Empresas que se dicen independientes, que "galean" con ésto, y todas (menos Faro) en quiebra financiera chantajeando a los distintos poderes públicos (que saben de la situación y a su vez tiran-aflojan).

De este panorama, efectivamente, quien se salva es El País, en mayor medida, ya que no depende de l dinero público gallego. Pero EP, no lo puede evitar, es el órgano oficial del PSOE. Por lo menos, no lo disimula. Entonces, que el PP y el Bloque espabilen y contraataquen...o que se aguanten.

1 lagaitaenlacabeza

Se demuestra una vez más el nivel de mediocridad de la prensa en nuestro país bananero. Que vuelvan el papus y la codorniz