Campaña para que a Copa do Rei e da Raíña de Hockey sexa na Coruña

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, xa amosou o apoio da institución.

Por E.P. | A CORUÑA | 12/04/2021 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Deportes, Cristina Capelán, visitaron este luns, no Palacio dos Deportes de Riazor, ao Hockey Club Liceo, onde mantiveron un encontro co presidente da entidade, Daniel Etcheverría, o director deportivo, José Luís Huelves, e os xogadores.

Valentín González Formoso trasladou ánimos aos xogadores, que este fin de semana despediu as súas aspiracións europeas tras perder co Benfica de Lisboa, á vez que ofreceu o apoio da Deputación para a organización da Copa do Rei e da Raíña de Hockey, que se celebrarán na cidade herculina entre o 10 e o 13 de xuño.

Será coincidindo tamén co 50 aniversario do recinto deportivo, que será a cuarta vez que acolla este torneo celebrado tamén na Coruña en 1964, 1984 e 2009. González Formoso destacou a traxectoria do club deportivo, cun palmarés que inclúe varios campionatos de Europa e que é, dixo, "un auténtico embaixador da cidade e da provincia da Coruña". O ano pasado, a institución provincial apoiou a actividade do club con 80.000 euros.

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na súa visita ao Hockey Club Liceo. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, na súa visita ao Hockey Club Liceo. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta