Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/04/2021 | Actualizada ás 13:06
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, confirmou que os servizos xurídicos do consistorio traballan no recurso contra a decisión do Xulgado de Instrución número 6 da Coruña de rexeitar a súa personación na instrución do 'caso Fuenlabrada'.
Fíxoo a preguntas dos xornalistas sobre unha medida que afecta tamén ao Deportivo da Coruña e que o xulgado adoptou antes de trasladar a causa a Madrid e ao estimar o recurso presentado por LaLiga.
A rexedora mostrou o respecto ás decisións xudiciais, pero ratificou que os servizos xurídicos do concello traballan no recurso e que a intención do goberno local é "esgotar todas as vías en defensas dos intereses" municipais.
"Púxose en risco a unha cidade cunha decisión que foi a de viaxar cun equipo con contaxiados Covid e incumprindo os protocolos", remarcou a alcaldesa, quen asegurou que o consistorio defenderá "ata o final" os intereses da cidadanía coruñesa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.