Os hoteis galegos recibiron en marzo máis de 85.000 viaxeiros

En comparación cos datos de marzo do 2020, case 10.000 estranxeiros menos visitaron Galicia, mentres que aumentaron os residentes en España

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/04/2021 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A pesar das restricións derivadas da pandemia, os hoteis galegos recibiron ao longo do mes de marzo a 85.795 viaxeiros, 3.714 menos que os rexistrados no terceiro mes do ano pasado, cuxa segunda metade estivo afectada, no entanto, polo confinamento por mor da covid-19.

Con todo, a evolución foi diferente con respecto á orixe dos clientes. En total, pasaron por estes establecementos 79.898 persoas residentes en España, o que supón case 6.000 máis que hai un ano. Pola contra, os estranxeiros baixaron significativamente (-9.547). Aínda así, a estatística de ocupación hoteleira do INE reflicte que os hoteis galegos recibiron no terceiro mes do ano, a pesar do peche perimetral, a 5.897 persoas residentes no estranxeiro.

Arquivo - Un turista bota unhas fotos no interior da Catedral de Santiago durante a ponte de San José.. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Un turista bota unhas fotos no interior da Catedral de Santiago durante a ponte de San José.. Álvaro Ballesteros - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

En comparación cos datos antes da covid-19, en marzo de 2019 aloxáronse en hoteis galegos 236.030 persoas, un 63% máis que este ano, dos que 189.698 eran españois e 46.332 estranxeiros.

Por provincias, a que rexistrou este ano un maior número de viaxeiros aloxados en hoteis foi A Coruña, con 33.385, seguida de Pontevedra, con 27.450; Ourense, con 12.720 e Lugo, onde se dirixiron 12.240 viaxeiros. A de Pontevedra foi, ademais, a única provincia galega cuxos datos de marzo de 2021 estiveron por encima dos de 2020 neste ámbito, recibindo a  2.078 persoas máis.

A nivel nacional, as pernoctaciones en establecementos hoteleiros superaron a cifra de 3,5 millóns en marzo, o que supón un descenso do 57,9% respecto ao mesmo mes de 2020, a súa menor caída desde a chegada da covid. A pesar diso, a crise sanitaria e as restricións adoptadas para frear os contagios segue notándose no sector, cuxas pernoctaciones en hoteis acumulan xa 13 meses de retrocesos interanuais consecutivos.

Comparando con niveis previos á pandemia, é dicir, con marzo do exercicio 2019, as pernoctaciones en establecementos hoteleiros baixaron en marzo deste ano un 83,6%. O número de establecementos abertos descendeu en marzo un 22% respecto ao mesmo mes de 2020, ata situarse en 8.416, cifra que representa un 49,3% sobre o total de establecementos do directorio.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta