DOCUMENTO.- Críticas á volta de 'Superpiñeiro'

Acabanos de chegar unha carta que a sección sindical da CIG na CRTVG lle remitiu a Antón Losada na que critican a volta de 'Superpiñeiro' á TVG...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/02/2007 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia
 

Ten vostede a certeza de que o que as persoas maiores queren é un programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro? Non preferirán pensións máis dignas, máis prazas en residencias e centros de día xestionados directamente pola Xunta para non teren que recorrer a centros privados? Non quererán unha TVG de calidade no seu conxunto? Ou é que aos nosos maiores non lles interesa o cine, a arte, a natureza, a literatura...? 

Dende a CIG lemos recentemente con estupor a súa felicitación á Dirección da TVG polo retorno á mesma de "Superpiñeiro" á fronte dun programa para maiores. Con estupor, si, porque non é que vostede felicite á TVG por lembrarse na súa "grella" dese segmento da sociedade senón que aplaude a contratación dunha persoa concreta para presentar un programa. En que se basea a súa ledicia Sr. Losada? Coñece vostede méritos para nós ignotos do Sr. Piñeiro que o fan garante de ser o "gran" por non dicir "único" profesional capaz de tratar cos nosos maiores?

Nós o único que lembramos del é o contido chocalleiro dos seus anteriores programas nos que o papel asignado ás mulleres era denigrante e de mero obxecto. Ou é que a vostede só lle preocupan os maiores e non o resto da sociedade? Perdóenos, Sr. Losada, pensabamos que ocupaba vostede un cargo público nunha Vicepresidencia da "Igualdade", na que non se recompensaba a aqueles que tiveron, activa ou pasivamente, tratos vexatorios coas mulleres. Ou é que non consideran vexatorio para o conxunto das mulleres o papel que xogaban as "azafatas" no programa "Supermartes"? É así como pensan vostedes avanzar na igualdade?

Di vostede "Nosoutros estamos aquí para lle dar á xente maior o que demanda" (sic). Que é o que demanda a xente maior, Sr.Losada? Ten vostede a certeza de que o que as persoas maiores queren é un programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro? Non preferirán pensións máis dignas, máis prazas en residencias e centros de día xestionados directamente pola Xunta para non teren que recorrer a centros privados? Non quererán unha TVG de calidade no seu conxunto? Ou é que aos nosos maiores non lles interesa o cine, a arte, a natureza, a literatura...? Por certo, fala vostede de atender a ese sector. Sabe vostede que na Radio Galega acaba de desaparecer a programación infantil? Acaso é que á Vicepresidencia non lle preocupa a infancia, Sr. Losada? Ao cabo, os cativos e cativas non votan.

Ou se cadra, aplaude vostede porque ese programa se faga por unha produtora allea á TVG, o que contribuirá, sen dúbida, ao enriquecemento dalgúns ao tempo que precariza as condicións laborais de moitos?

O realmente estraño, Sr. Losada, é que a nosoutros nos sigan causando estupor feitos como o retorno de Superpiñeiro á TVG, tendo en conta que como dicía o propio Xosé Manuel Piñeiro, "Pero que cambio?, se o único que faltaba era eu¡". E témoslle que dar a razón. Non só na meirande parte dos "rostros visibles" da TVG, senón tamén en boa parte dos cargos internos, seguen estando os mesmos que estaban co PP e que definiron esa Televisión á que tanto se criticou dende o BNG por sectaria e groseira.

Se cadra máis que polo regreso de Superpiñeiro e os seus aplausos a ese retorno deberiamos estrañarnos polos que aínda faltan por volver. Nese sentido, Sr. Losada, deberiámonos preguntar para cando o regreso de José Luís Moreno á TVG. Se cadra pronto nos soprende vostede felicitándose publicamente polo retorno de Carmen Mella.

San Marcos, 25 de xaneiro de 2007.

Sección Sindical da CIG na CRTVG e as súas sociedades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

32 noné

Tan só un comentario.

Non estaría ben que os militantes/sindicalistas nacionalistas vos puxésedes d'acordo co que hai que facer con Piñeiro?

Máis que nada para saber a que aternos o resto dos mortais.

"Estevo..." tamén son do PSOE os da CIG da RTVG?

No meu pobo sempre dicían que ten coidado cando pies moito... porque se che pode enche-la boca de merda.

Penso que iso foi o que lle pasou a xente do BNG/PSOE co asunto de "limpa-la TVG".

31 estevo das estrivadas

Xoana, moi ben...a meirande parte dos comentarios están realizados por xente achegadas ao PsoE que intentan denigrar con tonterías ao BNG.

Haberás que lles lembrar moitos dos programas que hai na TVE???? Menudos bodrios moitos deles....que lle imos pedir.

30 C. Neira

moi ben xoana

29 xoana

Desde Ourense quero dicirvos que o amigo Xosé Manuel Piñeiro foi militante do sindicato de educacion da CIG, mesmo cando xa estaba na TVG. Dame pena ver como tratades a un profesional coma a copa dun "piñeiro", sen saber a súa traxectoria humana e de compromiso desde sempre, mesmo con nós, as mulleres. As que traballamos con él no ensino recordámolo como unha persoa loitadora, inconformista, máis comprometido co movemento feminista que moitas das que hoxe o critican, sempre disposto a colaborar coas asociacións e comités Anti-SIDA ou calquera outra causa solidaria na que houbera que implicarse. Como eu SI vía o "Supermartes", por él, xa que a min os concursos non me gustan, vin como Piñeiro sempre que houbo algún caso de malos tratos soltaba un mitin antes de empezar o programa, incitando as mulleres a denunciar e non calar, dirixíndose sobre todo ás do rural que son as máis esquencidas.
Eu como militante nacionalista e sindicalista sinto rabia polo que tratades de facerlle a un dos nosos, que cometeu o grande pecado de trunfar durante os anos que Fraga estivo no poder.
¿Non sería mellor dedicar os nosos esforzos a facer Patria e deixar de insultar o amigo Piñeiro?

28 lagaitaenlacabeza

El problema, a pesar de lo que manifiesta Anxo, no es arriesgar a mover al funcionariado. Para mí es más sencillo, es cumplir la ley. Punto, y después está lo de las modificaciones de las Relaciones de Puestos de Trabajo, en las que los sindicatos presionan, para que todo siga igual, sin que tengan ninguna puta competencia al respecto. Menudo nivelón hay en función pública y en la Xunta, menudo nivelón de mediocres. Y mientras "pasiño a pasiño", los enchufados colocandose poco a poco, y los sindicatos (del crimen) que tanto protestaban en periodo electoral contra Xaime Pita (otro peixe) ahora callan como desgraciados, con tal de amarrarse algún complemento mejor, y seguir viviendo como parásitos liberados, que es lo que son.