DOCUMENTO.- Críticas á volta de 'Superpiñeiro'

Acabanos de chegar unha carta que a sección sindical da CIG na CRTVG lle remitiu a Antón Losada na que critican a volta de 'Superpiñeiro' á TVG...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 02/02/2007 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia
 

Ten vostede a certeza de que o que as persoas maiores queren é un programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro? Non preferirán pensións máis dignas, máis prazas en residencias e centros de día xestionados directamente pola Xunta para non teren que recorrer a centros privados? Non quererán unha TVG de calidade no seu conxunto? Ou é que aos nosos maiores non lles interesa o cine, a arte, a natureza, a literatura...? 

Dende a CIG lemos recentemente con estupor a súa felicitación á Dirección da TVG polo retorno á mesma de "Superpiñeiro" á fronte dun programa para maiores. Con estupor, si, porque non é que vostede felicite á TVG por lembrarse na súa "grella" dese segmento da sociedade senón que aplaude a contratación dunha persoa concreta para presentar un programa. En que se basea a súa ledicia Sr. Losada? Coñece vostede méritos para nós ignotos do Sr. Piñeiro que o fan garante de ser o "gran" por non dicir "único" profesional capaz de tratar cos nosos maiores?

Nós o único que lembramos del é o contido chocalleiro dos seus anteriores programas nos que o papel asignado ás mulleres era denigrante e de mero obxecto. Ou é que a vostede só lle preocupan os maiores e non o resto da sociedade? Perdóenos, Sr. Losada, pensabamos que ocupaba vostede un cargo público nunha Vicepresidencia da "Igualdade", na que non se recompensaba a aqueles que tiveron, activa ou pasivamente, tratos vexatorios coas mulleres. Ou é que non consideran vexatorio para o conxunto das mulleres o papel que xogaban as "azafatas" no programa "Supermartes"? É así como pensan vostedes avanzar na igualdade?

Di vostede "Nosoutros estamos aquí para lle dar á xente maior o que demanda" (sic). Que é o que demanda a xente maior, Sr.Losada? Ten vostede a certeza de que o que as persoas maiores queren é un programa presentado por Xosé Manuel Piñeiro? Non preferirán pensións máis dignas, máis prazas en residencias e centros de día xestionados directamente pola Xunta para non teren que recorrer a centros privados? Non quererán unha TVG de calidade no seu conxunto? Ou é que aos nosos maiores non lles interesa o cine, a arte, a natureza, a literatura...? Por certo, fala vostede de atender a ese sector. Sabe vostede que na Radio Galega acaba de desaparecer a programación infantil? Acaso é que á Vicepresidencia non lle preocupa a infancia, Sr. Losada? Ao cabo, os cativos e cativas non votan.

Ou se cadra, aplaude vostede porque ese programa se faga por unha produtora allea á TVG, o que contribuirá, sen dúbida, ao enriquecemento dalgúns ao tempo que precariza as condicións laborais de moitos?

O realmente estraño, Sr. Losada, é que a nosoutros nos sigan causando estupor feitos como o retorno de Superpiñeiro á TVG, tendo en conta que como dicía o propio Xosé Manuel Piñeiro, "Pero que cambio?, se o único que faltaba era eu¡". E témoslle que dar a razón. Non só na meirande parte dos "rostros visibles" da TVG, senón tamén en boa parte dos cargos internos, seguen estando os mesmos que estaban co PP e que definiron esa Televisión á que tanto se criticou dende o BNG por sectaria e groseira.

Se cadra máis que polo regreso de Superpiñeiro e os seus aplausos a ese retorno deberiamos estrañarnos polos que aínda faltan por volver. Nese sentido, Sr. Losada, deberiámonos preguntar para cando o regreso de José Luís Moreno á TVG. Se cadra pronto nos soprende vostede felicitándose publicamente polo retorno de Carmen Mella.

San Marcos, 25 de xaneiro de 2007.

Sección Sindical da CIG na CRTVG e as súas sociedades.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 52 comentarios

17 Ana

Pra os que criticades tanto a xestión do BNG, ¿podédes me dicir que fixo o Goberno do ex ministro de Franco en 16 anos?. Dito isto, dicirlle a Losada que os vellos non van votar ó BNG porque volte Superpi.

16 Marika Chuschús

Vexo unha Galiza culta, cunha tele que eleva o seu nivel e se antepón ós tempos, vexo unha Galiza sen Tonechos, sen liortas, sen sucesos, vexo unha Galiza, sen empanadas, sen subvencións, sen paparotas,sen nepotismo, sen contratas de subcontratas de empresas auxiliares. vexo unha Galiza onde apenas hai paro, vexo unha Galiza sen incendios e con estatuto.Vexo unha Galiza onde os sindicatos luitan polos intereses dos traballadores, vexounha Galiza sen medo e sen paternalismo pailaroco. Pero todo foi un sono; eu son Marika Chuschús e teño que irem que acaba o Luar.

15 a internacional

Xuntémonos, xente wapa do pub Atlántico em Compostela!

Acabemos con Superpiñeiro! !

É a luita final!!!

14 airadasenra

Fico abraiado... un sindicato nestas lerias!!!??? ¿¿¿ Perderon o norte ???

13 perlío

Chuscus, a quen se segue mantendo (e esa si é unha crítica que se lle pode facer a este governo) é mesmamente a todo o complexo pepero-opusino que continua na Xunta, INTACTO. Pero...de toda a xente que leva 17 anos de maneira irregualar agora veñen os sindicatos (!) a dicir que "se consoliden" na defensa do sector público. Simpáticos. E se o governo, na sua obriga e dereito, realiza algunha designación é acusado por eses mesmos sindicatos de "enchufismo"(!). Así que o actual governo debe ser o único de Europa non pode designar a ninguén, nen ter iniciativas que non estexan da época do PP porque senon fai "enchufismo"... É o mundo ao revés. Delirante.
E que, neste caso, falen os da CRTVG ten telita...

E por certo, non é o mesmo estabelecer sociedades coa obra social das caixas de aforros (entidades públicas con obriga explícita de reinvestiren seus cartos en investimentos no país) e con obxectivos concretos que, como no anterior governo, estabelecer fundacións ambiguas sen funcións nin finalidades definidas.. Non vexo eu que os sindicatos pidan que o Xacobeo, Semana Verde, Turgalicia, Sepi, as Fundacións Comarcais desaparezan...o que vexo é que queren consolidar ,a toda presa, a xente que está aí dentro. E impedir que ninguén toque iso. E se aperece alguén por alí do novo governo é un enchufado, non como os que estaban antes do opus...

Pero, ben, ti fai caso da SEPI na que tanto confias que vea polos intereses dos maiores e mozos de Ferrolterra sempre que emigren para Andalucia. Cuidao con la caló.